CCOO levará a xuízo os recortes aos funcionarios nas universidades

Din que as retribucións do persoal teñen que ser negociadas no marco da autonomía universitaria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/07/2013 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras (CCOO) recorrerá xudicialmente os recortes económicos nas universidades galegas tras o anuncio das institucións de que teñen que cumprir coas medidas, din, que lle "impón" a Xunta de Galicia; entre elas, un recorte do 5% dos salarios dos funcionarios.

Funcionarios da Xunta nunha mobilización
Funcionarios da Xunta nunha mobilización | Fonte: CC.OO.

"Aínnda que a administración afirma que pretende facer fronte á crise, o que se está conseguindo é desprestixiar e empobrecer os servizos prestados á cidadanía e, de forma moi especial, ao ensino superior e á investigación", suliña a central sindical sobre a decisión do Goberno galego.

Negociacións na universidade

A federación do ensino do sindicato afirma nun comunicado que o seu recurso ante a xustiza baséase en que as retribucións do persoal teñen que ser negociadas no marco da autonomía universitaria e porque a Xunta de Galicia non ten competencias respecto diso.

Así, insiste en que se tratan de "servizos públicos de gran valor para a sociedade actual e futura prestados polas nosas universidades".

E é que, denuncia que a repercusión nos traballadores será importante. Por iso, reclama que as retribucións salariais e o resto das condicións de traballo do persoal das universidades debe ser obxecto de negociación entre os equipos de goberno das universidades e os seus órganos de representación sindical e centrais sindicais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta