A xerencia de Santiago, de "escatimar" as máscaras a ter gromos "en todos os hospitais"

A CIG denuncia que a xerencia "seguen sen adoptar as medidas preventivas necesarias" para frear os contaxios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 22:26

Comparte esta noticia

A terceira vaga de covid segue avanzando e afecta xa mesmo aos hospitais da comunidade galega. Segundo informa CIG-Saúde, os tres hospitais pertencentes á área sanitaria de Santiago contan neste momento con gromos rexistrados de Covid-19, unha circunstancia que dende o sindicato vencellan á tan denunciada “precariedade” no seo da actividade hospitalaria.

Visita do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ao CHUS. ANA VARELA
Visita do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ao CHUS. ANA VARELA

Segundo subliñan dende o sindicato, “a falta de medidas preventivas e dunha organización adecuada por parte da Xerencia” estaría a provocar o “encadeamento” de varios gromos de coronavirus, que, de acordo coas mesmas fontes, contan xa con “gran afectación entre doentes e profesionais”. “Neste momento, hai gromos nos tres hospitais do CHUS: na unidade de Somática do Psiquiátrico, na planta 2a Dereita do Hospital de Conxo, e no andar 5aB do Clínico”, explican.

A ampla incidencia reportada polo sindicato está a provocar mesmo deficiencias no fluído de osíxeno debido ao “grande ingreso de pacientes respiratorios”. Ante estas circunstancias, o sindicato considera que "a área sanitaria entra na terceira vaga de contaxios coa mesma precariedade laboral e a mesma mala xestión sufrida nas anteriores", xa que, segundo subliñan, "a Xerencia non fixo os deberes, non corrixe deficiencias e non aplica as medidas preventivas adecuadas".

A este respecto, denuncian que a xerencia oculta información para evitar que as e os delegados de prevención de riscos poida facer un seguimento dos gromos, xa que non desglosa os datos de pacientes e profesionais por categorías profesionais e servizos e tampouco mantén reunións periódicas co Comité de Seguridade e Saúde e coa Comisión de

Centro a fin de solucionar as distintas problemáticas existentes. "Non é posíbel que a día de hoxe non existan unhas medidas preventivas de carácter organizativo nas unidades, que estean os profesionais con déficit de información e formación e que sigan a escatimar en EPI, como as máscaras de FPP2, a pesar das queixas reiteradas das traballadoras mediante escritos e mensaxes de correo electrónico á Xerencia", subliñan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta