As axencias de viaxes cargan contra a Xunta pola falta de resposta ás demandas polo peche da actividade

Levan pedindo apoio desde o inicio da pandemia e o peche da actividade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/01/2021 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Asociación Galega polos Dereitos das Axencias de Viaxe reclamaron axudas á Xunta e denunciou que ata o momento houbo "cero respostas" por parte da Administración autonómica ás súas demandas.

Axencia de viaxes.
Axencia de viaxes.

Sobre as novas restricións, afirma que este anuncio "implica o cesamento de toda actividade do noso sector". "Non podemos vender dentro da limitación que levamos sufrindo desde marzo de 2020 e agora asumimos o peche total da actividade", afirma.

A iso, suma que o sector non estea incluído "dentro das novas medidas presentadas polo presidente Núñez Feijóo". Por outra banda, indica que desde o inicio da pandemia levan reclamando "axudas directas" para este sector, "obtendo cero respostas desde o goberno da Xunta", insiste.

"Non nos contemplan como sector afectado dentro destas novas limitacións, sendo a mobilidade o noso produto", apostila.

Tamén afirma que, segundo as axudas ao sector turístico anunciadas pola Xunta, serían "menos de 600 euros por axencia" e aseveran que "a data de hoxe" non teñen constancia "desta axuda". "Pero xa estamos a facer fronte ao pago dos seguros", indica.

Así mesmo, apostila que "desde marzo do 2020, esta foi a única axuda anunciada por parte do Goberno galego cara ao noso sector, máis de dez meses descapitalizados".

Por todo iso, din sentirse "esquecidos e desamparados" despois de pedir "hai meses unha reunión de urxencia" á Xunta "para pedir medidas reais que eviten o peche masivo das axencias galegas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta