GC Aberto

Contubernio político en Fene

Se esquerda e dereita son locucións expresivas de posturas políticas e ideolóxicas antagónicas, no Concello de Fene é materialmente imposible deslindar entre ambas as percepcións sen incorrer no extravío que induce a uniformidade de conduta que manteñen os dous bandos no tocante ao encubrimento de delitos urbanísticos.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 19/01/2021

Comparte esta noticia

'Contubernio político en Fene'
'Contubernio político en Fene' | Fonte: galdo1950

O “relatorio de valores” é un documento que en axuste ás determinacións urbanísticas establecidas  en cada municipio recolle os criterios, módulos de valoración e demais elementos precisos para levar a cabo a determinación do valor catastral dos bens inmobles, dentro do seu ámbito de aplicación.

Sendo por iso que calquera alteración que se produza no contido do plan xenuíno debese  levar parello a adecuación do referido relatorio ao cambio producido, pois non en balde é o seu contido quen traslada a esta os usos e intensidades permitidas no espazo territorial de referencia.

Isto sería o procedente, pero o anacronismo xorde cando a propia administración municipal obrigada velar pola legalidade urbanística é quen delituosamente subverte o contido do Plan, suprimindo condicións características das fincas catastrais, (exemplo: acceso público rodado),  e a pesar de detraer  ao completo a súa potencialidade urbanística segue repercutindo indebidamente aos afectados o gravame do IBI (Imposto de Bens Inmobles) sabendo a improcedencia dos recibos xirados.

Esta arbitrariedade institucional ben podería formar parte do anecdotario de tempos  pretéritos, cando as todopoderosas corporacións do franquismo cometían impunemente as súas   tropelías, pois  do mesmo xeito que entón o proceso antes relatado consumouse clandestinamente pola determinación cómplice dos concelleiros de todo signo, que rexeitaron  de igual modo a obrigada audiencia aos interesados.

Pero contra todo prognóstico esta dexeneración  institucional prodúcese no “moi democrático” Concello de Fene cun “goberno de esquerdas” á fronte do consistorio,  e o ata aquí referido é tal só o  efecto colateral dunha infracción urbanística de maior calado cuxo procedemento administrativo é a expresión dun cúmulo de ilegalidades  concatenadas cuxa responsabilidade política debe ser  expurgada que non evadida tras a argucia do moi recorrente silencio administrativo.

Resulta que en sesión extraordinaria do pleno municipal celebrada o 2 de febreiro de 2010, entre outros asuntos, aprobouse cos votos favorables do PSOE e EU e a abstención do BNG e o PP, a execución  das obras relativas á Área de Estacionamento para a  Escola Infantil da Torre – Perlío, a cuxo documento técnico acompañaba  un informe da oficina técnica na que se expresaba a dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución da obra, é dicir  confirmando que estaba todo en regra para a súa execución .

A pesar de estar validado polo Pleno Municipal, o Alcalde Iván Puentes, facendo caso omiso do procedemento iniciado e do seu carácter vinculante,  extralimitándose por tanto nas súas competencias, sen razón aparente, encargou á consultora Proyfe, a redacción dun novo proxecto técnico distinto ao orixinal, e  iso, sen cumprir os requisitos legais nin dar conta ao Pleno da corporación de tal determinación, como tampouco, someter o seu contido a consideración do devandito órgano.

Eludindo tal esixencia, mediante unha máis que cuestionable aprobación por parte da Comisión de Goberno en sesión celebrada o 6 de maio de 2010.

O cambio producido tiña por única finalidade  deixar expedito parcialmente o camiño de referencia  para así  satisfacer as aspiracións dun particular afín que sen dispoñer de escritura  de propiedade atribuíase    a titularidade  do  mesmo , e aínda así sen  mediar procedemento administrativo de tipo algún, non só foille   entregado en dominio, senón que a rocambolesca transferencia, consumo unha prevaricación encuberto, por canto as  obras de adecuación do espazo cedido lonxe de ser  sufragadas á súa costa como en procedencia correspondería foron financiadas integramente  con fondos  públicos.

O  estrambótico deste esperpento institucional é que en tanto que os desposuídos de acceso público rodado  pola privatización do viario seguen sendo obrigados a satisfacer o IBI, a propiedade municipal obsequiada indebidamente ao achegado político mantense no tempo exenta deste gravame, é dicir, que a efectos catastrais o  agraciado coa dádiva municipal non soporta fiscalidade como “titular” do ben;  co agravante engadido   da existencia  de vínculos de relación política  e familiar entre as partes.

 


A teor do actuado e dos informes técnicos e xurídicos que obran no expediente, é evidente que a privatización do referido espazo,  foi tolerada politicamente con consciencia da súa ilegalidade, por canto, realizouse facendo caso omiso ás reiteradas advertencias que constan nos informes que acompañan o expediente administrativo, o que fixo que os directos afectados ante a pasividade municipal  esixisen por conduto regulado a Restitución da Legalidade Urbanística; pero aínda cando o deber de obter resposta debese estar  garantido, o nada ortodoxo silencio  administrativo  seguiu sendo a tapadeira utilizada para sortear a neglixente  conduta corporativa, á marxe que gobernase o PP ou PSOE-BNG.-EU en coalición, sendo por iso que as súas Executivas  á vista da gravidade dos feitos debesen abandonar  o silencio encubridor co proceder dos seus pupilos  en Fene.

Ante tan obsceno   contubernio político terá  de ser a xudicatura quen  interveña en rescate da legalidade urbanística e do patrimonio público.

O anacrónico é que Iván Puentes  “alma  mater desta  cacicada” é agora membro da Executiva  do PSdeG desempeñando para o efecto a función de máximo responsable socialista  "da política municipal", todo un expoñente  de degradación e decadencia da mal  denominada esquerda política.

   ....................en Fene hai consenso caciquil!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 A Torre

Cando nos vas contar as túas andanzas con Pepe o Patita ?

1 galdo1950

Semella que vostede gosta moito dos infundio, pero o seu sería que se deixase de insnuación e interpuxera denuncia pertinente no xulgado.......Para iso non valen seudónimos tenno que facer a cara descuberta, pero os falsarios prefiren tirar a pedra e esconder a man INSISTO E UNHA CACICADA!