O Sergas cita este luns a 190 veciños de Cuntis para un cribado

Un cribado na industria de Valga reporta 9 positivos e outro no comercio da Pobra sáldase sen novos casos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/01/2021 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fará este luns en Cuntis un cribado voluntario por PCR a 190 veciños de diferentes parroquias co obxectivo de detectar o maior número posible de portadores do coronavirus asintomáticos. Segundo informa a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, isto permitirá á súa vez "reducir a cifra de contaxios" de covid-19 nesta localidade.

Este cribado por PCR desenvolverase en coordinación co Concello de Cuntis nunha carpa específica que se emprazará na chaira da igrexa parroquial de Portela desde as 9,00 da mañá. Á dita iniciativa preventiva convocarase nas próximas horas, vía SMS telefónico, a ao redor de 190 veciños dos lugares de Portela, Loureiro de Arriba, Loureiro de Abaixo e aos residentes do lugar de Novás.

Para acometer este cribado, o Sergas desprazará ata a carpa dous equipos de enfermaría que efectuarán os labores de control, achegarán información aos participantes e velarán polo cumprimento das medidas de seguridade. Todas as mostras tomadas por PCR se procesarán no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) e os resultados serán comunicados por SMS se é negativo e individualmente a cada cidadán se é positivo.

CRIBADOS EN VALGA, A POBRA E NEGREIRA

Así mesmo, ao longo dos últimos días leváronse cribados nas localidades de Valga, A Pobra do Caramiñal e Negreira enfocado a distintos sectores. En Valga foi focalizado no sector industrial e saldouse con 9 positivos das 598 persoas sometidas a test (629 foran citados). Na Pobra, nun cribado orientado ao comercio da localidade, ningunha das 93 persoas deu positivo (había 100 citados). Así mesmo, este domingo ten lugar outro cribado en Negreira tamén destinado a detectar casos no sector comercial do municipio. Polo momento, foron citadas unhas 800 persoas.

Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020
Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta