Libera tilda a Rapa das Bestas de "espectáculo violento" por "maltratar" cabalos

A asociación animalista pregúntalle ao Valedor pola paticipación dos menores nesta tradición centenaria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/07/2013 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

"É un espectáculo violento e de risco para as propias persoas". Así considera a asociación Libera a Rapa das Bestas que etes días se celebran, entre outras localidades, na parroquia de Sabucedo. 

Rapa das Bestas
Rapa das Bestas | Fonte: Miguel Vidal

Por iso, dirixiuse ao Valedor do Pobo para preguntar pola participación de menores neste tipo de celebracións e denuncia que se cobra por ver a nenos e nenas "maltratando" cbalos.

"Actividade violenta"

"É imposible negar que existe sufrimento e a creación de altos niveis de tensións nos cabalos, que configuran unha actividade violenta", apuntan no escrito dirixido ao Valedor.

Tanto Libera como a Fondation Franz Weber coinciden no escrito en sinalar que "a aprendizaxe cara ao respecto e benestar animal non pasa por realizar demostracións de forza nin de superioridade de especie, senón en considerar que son seres que sofren e senten, e que, por tanto, a Rapa das Bestas e a presenza de menores son problemas no avance cara a unha maior consideración dos seres vivos, tanto moral como lexislativa". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

5 Breogham

LIBERA apesta a UPYD....ninguma asociaciom ecoloxista de Galiza denuncio a existencia dun maltrato,,,e se @s nen@s acuden a esta festa è pra apartar as crias e que nom se rexistren accidentes,,,criando asi um respeito polos animais,,,e pòlo entorno do monte comunal galaiko,,,,e si ,,,os animais son salvaxes nom como di algum cultureta de sofa neste foro,,,se queredes rematar co maltrato,,,queimade sedes do Pp XD

4 Zolibus

Todos aos que aquí opinan que a Rapa é unha actividade violenta, recoméndolles ir algún día a vela, previo estudio da sua orixe. É evidente que hai que usar a forza para dominar a un cabalo salvaxe, pero facédeme o favor de non intentar convencer á xente que o animal vai sufrir un ataque de ansiedade, ou morrer esmagado por un humano. Se sabedes a sua orixe e fostes a vela xustifícase por si soa, gustaríame chamarvos hipócritas a todos os detractores desta "Actividade violenta". Non se xenera máis estrés no curro cos cabalos que nos cortellos dos porcos, as cortes das vacas nin nas granxas dos polos que levades a boca tódos os días, sen mencionar o matadoiro. E para pechar esta breve intenvención: ¿Nenos maltratando cabalos? Iso si que ten leria.

3 Ante todo mucha calma

Levo xa varios anos acudindo a rápa de Sabucedo e nunca vin ese maltrato e si a moita xente á que lle gustan os cabalos, e esta é unha excelente e festiva oportunidade de ver de preto estes fantásticos animais. Claro que sofren estres, seguro que se estresan máis cando os doman. Unha tradición que servía para marcar aos cabalos do santo derivou nun ritual de iniciación, proba incruenta de valor para os mozos locais e iso xustifica a presenza dos nenos que, se queren violencia, só teñen que ver a tele. Lamentablemente, hai moitos exemplos de crueldade e maltrato físico a animais que, ao meu xuízo, merecen mais a vosa atención que unha situación estresante aproveitada para vacinar e desparasitar a unha fauna salvaxe que, de non ter utilidade, poderían deixar desaparecer. Estiven de acordo con múltiples iniciativas desta asociación e asinei varias iniciativas que me sensibilizaron especialmente, como contra as trancas, pero esta vez lamento non estar de acordo.

1 Calmados estamos

Con toda a calma do mundo cho digo: sodes un torturadores de animais. E enriba facedes espectáculo co maltrato. ¿Que sodes moitos? tamén son moitos en Tordesillas co Toro de la Vega. E o de levar rapaces para intentar que pase a tradición da tortura de xeneración en xeneración xa non ten nome: http://upload.wikimedia.org/wikiped... ¿Que hai outros maltratadores ademais de vos? xa o sabemos, pero vos tamén. E o argumento de que se non se fan esas rapas os cabalos poderían chegar a desaparecer é o mesmo que din os protaurinos coas corridas de touros. E que nin niso sodes orixinais.

2 Cadaquencoseupensamento

Mentras a equitación siga sendo un deporte e non un maltrato, e mentras siga vendo ás xentes chorando pola perda dos cabalos que viven libres nos montes da nosa Terra, non me sentirei nunca atacada nen insultada por participar dalgún xeito desta tradición.

3 Xaime

Eu non gosto nin de novos estilos de marcaxe a lume nin do ánimo en facer show que se lhe deu a alguns (os menos) neste tipo de ventos. Cóido que nalgúns curros traballase ben e noutros hai cousiñas manifestamente mellorabeis. En moitos lugares hai rapa, sen grada e sen "show", pero mesmo con "show" póidense facer as cousas con xeito. O que non hai en nengunha parte do mundo agás en Mongolia, son cabalos em liberdade que son baixados do monte só unha vez por ano. E en rexime comunal cóido que mnbos ainda. Se cadra algún ambientalista prefire que isto desapareza e que os cabalos pasen a ser aqui o que son hoxe na maior parte do mundo, mascotas. Se cadra para entón non haberá rapa pero, haberá stress? Tranquilos, que para entón sempre poderemos chamar a Robert Redford para que lles fale na orella. http://2.bp.blogspot.com/_HcJJ6h1QW...

4 Xaime

E xa digo de paso, comparar a rapa das bestas con espectáculos taurinos está completamente fóra de lugar. Antes de facer comparacións demagoxicas algún debería pensar un pouquiño o que di antes de se desacreditar. Hai cousas que se poden facer moito mellor nos curros, pero un xabarín non é un porco de corte e un cabalo do monte é unha besta salvaxe que só ese día ao longo do ano son reducidos con forza para ser limpados, desparasitados, vacinados e até vistos de perto por un veterinario. A alternativa pode ser acabar con o seu réxime de liberdade ou ben facer unha colecta para dardos sedantes e poder achegarse aos animais. As criticas hai que facelas con rigor e de xeito constructivo. Para sobervia repugnante xa nos chega coa de moita xente de fóra ou das cidades que simplemente nin sabe nin quere entender nada.

5 Xaime

Perguntastesvos de onde está asair tanta carne de cabalo en alimentos que nunca a levaran por toda Europa? perguntastevos cais son as consecuencias que xa están a traer a norma do microchip?

6 Más cuento que calleja

"Cadaquencoseupensamento", ¿esos ganaderos que dices que lloran la pérdida de los caballos (normalmente para pedir compensación y batidas para matar a los lobos), son los mismos que a la semana siguiente mandan a los potros al matadero?, porque la mayoría de los potros son para el matadero, ¿verdad? Pues tanta pena no le deben dar. En cuanto a que son caballos salvajes, permitánme que me parta de risa. Son caballos domésticos, con propietarios (bueno, si causan un accidende nunca aparece el dueño)a los que simplemente abandonan en el monte a su suerte y solo van a buscar para mandar al matadero, muchas veces a 30 euros el caballo, como ellos mismos reconocen, o para estos salvajadas de las rapas. No confundamos. Vamos a ver si ademas de maltratar a los caballos, encima nos toman por tontos.

7 Zolibus

A ignorancia é atrevida. Se eses cabalos son domésticos e foron abandonados: Un xabaril é un porco que foi abandonado, un raposo un gato que foi abandonado e un lobo un can que foi abandonado. Pero eso, ignorancia... A xente de sabucedo vive todo o ano pendentes dos seus montes e protexendo esta especie AUTÓCTONA, que sobrevive gracias a estar en contaco co home. Na rapa córtase o pelo, pero tamén un veterinario administra via oral (nin sequera inxectada) medicamentos desparasitantes, ademáis de separar as crías que acaban de nacer. Perdón, que acaban de ser abandonadas xD

2 Ghalleghocomaotoxo

Claro que si. Galicia non se significa especialmente polo bo trato cara aos animais. Si, aquí as touradas non teñen o mesmo seguimento que noutras partes do Estado, pero tamén temos os nosos costumes brutais e salvaxes. A ver se quedan pronto en desuso e demostramos que somos un pobo sensible e culto.

1 Maltrato claro

Evidentemente, as denominadas rapas das bestas son unha mostra de maltrato animal por simple diversión. ¿Alguén que asistira a unha rapa pode negar o sufrimento e o enorme estrés dos animais? Pois a ver se empezamos a falar claro. ISTO É MALTRATO.

1 Etidequevas

Desde el momento que hay gente como vosotros que ocupa su tiempo """defendiendo""" a los animales antes que a la gente necesitada, puedo acusarlos de maltrato a los seres humanos. A ver si no hay temas más prioritarios en qué canalizar "tantas ganas de defender" como tenéis vosotros...

2 Xaac.

Libera e Cia. 1.- Se comedes carne, peixe e ovos, sodes uns maltratadores de animais. 2.-Eliminar sen causa as costumes tradicionais dos pobos e matar a sua cultura, chámase "ETNOCIDIO" 3.-Libera. Cheirades a corno queimado.-