A Xunta di que a ocupación das UCI pola covid é do 15%, a pesar da saturación en varios centros

A ocupación das Unidades de Coidados Intensivos creceu un 68% en 7 días, coa Coruña, Ferrol e Santiago como as máis afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

As UCI galegas experimentaron un incremento de ocupación no últimos sete días do 68% e son as da Coruña, Ferrol e Santiago as máis afectadas, aínda que, de forma global, esta ocupación aínda se sitúa por baixo do pico da primeira onda e do 15% da capacidade máxima do plan de continxencia.

Segundo explicou o xerente do Sergas, José Flores, durante a rolda de prensa para dar conta das medidas tomadas polo comité clínico do luns, a presión hospitalaria é unha das cuestións que "preocupan" a día de hoxe ás autoridades.

De feito, no últimos sete días aumentou un 58% a hospitalización, con peores datos na Coruña, Ferrol e Ourense; e un 68% a ocupación en UCI, coa Coruña, Ferrol e Santiago como as máis afectadas. De feito, este pasado fin de semana foi necesario xa trasladar a tres pacientes desde coidados intensivos de Ferrol a Lugo.

No entanto, e aínda que preocupa a evolución, José Flores explicou que Galicia se mantén por baixo do 15% de ocupación do máximo total de prazas de UCI que se poderían despregar segundo en plan de continxencia.

Ademais, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que a situación actual está un 35% por baixo en UCI e un 29% por baixo en hospitalizacion do pico da primeira onda. "Non queremos chegar a eses valores pero, se chegamos, será necesario activar as seguintes fases", expuxo.

Unha sanitaria realiza unha proba PCR a un condutor en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha sanitaria realiza unha proba PCR a un condutor en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta