Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 11:19
Os efectivos de emerxencias liberaron a un condutor que quedou atrapado por unha perna despois de sufrir un accidente co seu vehículo cando circulaba pola estrada N-640 á altura do municipio pontevedrés de Cuntis.
O sinistro, segundo detalla o CIAE 112 Galicia, tivo lugar na contorna das 07,00 horas deste mércores na coñecida como recta da Anllada, onde o condutor perdeu o control do seu vehículo e acabou fóra da vía. A central do 112 activou entón un operativo no que participaron os bombeiros do Salnés e membros do GES da Estrada, que liberaron ao condutor, quen posteriormente foi trasladado a un hospital polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.