Temas: UCI CHUAC CEE

Unha neumóloga do Chuac advirte que hai moitos pacientes con "insuficiencia respiratoria grave"

"Pido que só se saia en casos de extrema necesidade", destaca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Marina Blanco, neumóloga do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), pediu, como fixeron nos últimos días distintos profesionais sanitarios, a colaboración cidadá, instando a saír de casa "só en casos de extrema necesidade".

Fíxoo nunhas declaracións remitidas aos medios de comunicación nas que traslada a preocupación dos profesionais polo "incremento rápido de ingresos na última semana". "Que están a xerar un alto índice de ocupación hospitalaria e unha elevada porcentaxe de pacientes con insuficiencia respiratoria grave". Destes casos, remarcou tamén o feito de que necesiten "medidas de soporte respiratorio máis avanzados que o osíxeno convencional".

"Rogámoslles que colaboren ao máximo no cumprimento das medidas de illamento saíndo do domicilio só en casos de extrema necesidade", conclúe. De acordo cos últimos datos achegados pola área sanitaria da Coruña e Cee, segue o aumento de ingresos con 248 pacientes ingresados, deles 34 na UCI do Chuac e 188 en planta. No Quirón hai dous en UCI e sete en planta; no Modelo, dous en UCI e cinco en planta e en Cee, dez en planta. As altas son 152 e os pacientes en domicilio 4.146.

Unha muller na porta dun comercio en Arteixo, A Coruña. M. Dylan - Europa Press
Unha muller na porta dun comercio en Arteixo, A Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Temas: UCI CHUAC CEE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta