Condenan ao Sergas a indemnizar a un paciente que sufriu unha gangrena tras unha vasectomía

Sufriu unha gangrena de Fournier, unha grave infección necrotizante.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/01/2021 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Santiago de Compostela condenou ao Sergas e á súa aseguradora a indemnizar en 25.000 euros a un paciente que sufriu unha gangrena de Fournier, unha grave infección necrotizante que afecta os xenitais, tras someterse a unha vasectomía no Hospital do Salnés, en Vilagarcía.

Médicos cirurxiáns nun quirófano
Médicos cirurxiáns nun quirófano | Fonte: EP

Segundo a sentenza, á que tivo acceso Europa Press, este paciente, de 35 anos de idade, foi sometido á intervención o 4 de marzo de 2015. Dous días despois de acudiu a Urxencias por presentar dor inguinal e sangue nos ouriños, diagnosticóuselle un hematoma, para o que lle prescribiron antiinflamatorios e antibióticos.

O home quedou ingresado, pero a súa situación empeorou e o 8 de marzo foi trasladado ao Hospital de Pontevedra, onde tivo que ser intervido en dúas ocasións por presentar unha gangrena de Fournier. Posteriormente, debido ás secuelas das intervencións, tivo que ser novamente operado, nese caso no servizo de cirurxía plástica do CHUS.

O paciente presentou reclamación ante o Sergas por considerar que non se lle informou adecuadamente dos riscos da intervención, así como polos danos físicos e psicolóxicos derivados dun diagnóstico tardío e un incorrecto tratamento inicial. 

Na súa sentenza, o xulgado sinala que a información achegada ao paciente sobre os riscos da vasectomía foi "excesivamente concisa" e que, aínda que a gangrena de Fournier é unha complicación pouco frecuente, o consentimento informado que asinou o paciente só recollía o risco de posible hematoma ou inflamación.

Por outra banda, aínda que non considera acreditado que se rompeu o protocolo de asepsia por parte do Hospital do Salnés, si sinala que, na primeira visita a Urxencias, debería facerse unha ecografía e unha drenaxe cirúrxica, polo que se produciu unha perda de oportunidade que debe ser indemnizada". Por todo iso estimou parcialmente o recurso e fallou que a indemnización que deben abonar o Sergas e a súa aseguradora debe ascender a 25.000 euros. Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta