Traballadores de Alu Ibérica cumpren 31 días en folga para esixir a readmisión dunha traballadora

Esixen ademais a "intervención" da fábrica.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 25/01/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Traballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña cumpren 31 días en folga para esixir a readmisión dunha compañeira e a "intervención" da fábrica nunha nova xornada de protesta, segundo informa o comité de empresa.

A folga comezou o pasado 26 de decembro tras o despedimento dunha traballadora, da que esixen a súa readmisión. Por outra banda, denuncian que por parte do Grupo Riesgo "non se pagou aínda a nómina de decembro".

"Nin as achegas ao plan de pensións dos meses de novembro e decembro", apostilaron desde o comité de empresa, que esixen tamén a Goberno e Xunta a "intervención" da planta.

Por outra banda, fontes do comité de empresa confirmaron que este martes pola tarde haberá unha nova reunión entre as partes, tras a intevervención da mediación da Xunta.

Protesta de traballadores de Alu Ibérica
Protesta de traballadores de Alu Ibérica | Fonte: Comité de Empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta