Máis de cincuenta denuncias tramidadas pola Policía Autonómica na fin de semana por incumprir a normativa COVID

Verificouse o uso de máscaras, o mantemento da distancia de seguridade e o respecto do aforamento e horario de peche dos locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2021 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica tramitou 52 denuncias durante este fin de semana en Galicia por incumprimentos da normativa establecida para previr contagios por COVID-19. Segundo detallou a Vicepresidencia Primeira da Xunta, os axentes levaron a cabo 111 dispositivos en 37 municipios da comunidade de acordo co plan de actuacións específicas destinadas á prevención, a inspección e o control do cumprimento de medidas adoptadas pola pandemia. Neste contexto, tramitáronse un total de 52 denuncias.

En concreto, entre este venres e este domingo, establecéronse 34 dispositivos nos concellos coruñeses de Ames, Arteixo, Boiro, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Santiago de Compostela, Teo e Vedra. Estas actuacións saldáronse con 29 denuncias e 30 identificacións.

Na provincia de Lugo, a Policía Autonómica tramitou sete sanciones e identificou a 12 persoas no marco de 20 dispositivos realizados en Barreiros, Burela Castroverde, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Pol, Quiroga, Ribadeo, Vilalba e Viveiro.

Así mesmo, levaron a cabo 28 operativos na provincia de Ourense que permitiron identificar a un centenar de persoas e denunciar a seis en Barbadás, O Carballiño, Lobios, Ourense, Porqueira, Taboadela, Verín e Xinzo de Limia.

Respecto da provincia de Pontevedra, os axentes levaron a cabo 29 dispositivos en Bueu, Lalín, Meis, Moraña, Nigrán, Poio, Pontevedra e Vigo durante os que rexistraron 10 denuncias e denunciaron a 214 persoas.

Deste xeito, a Policía Autonómica exerceu labores de control para comprobar o cumprimento de medidas de seguridade en establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos. Así, verificouse o uso de máscaras, o mantemento da distancia de seguridade e o respecto do aforamento e horario de peche dos locais.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta