Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 12:01
O xefe do Servizo de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), Fernando da Igrexa, instou á poboación a "autoconfinarse" e a cumprir as medidas sanitarias."Cumprilas salvará vidas, incumprilas provocará mortes e secuelas", sentenza nun audio remitido aos medios de comunicación.
Nel, cualifica de "crítica" a situación" e subliña que nos 30 anos que leva traballando no centro hospitalario non o viu "tan tensionado", apunta en relación ao número de ingresos. Así, sinala que "en apenas oito días" triplicouse o número de ingresos por Covid.
"Xa superan os 300 e a perspectiva é que continúe aumentando outros oito ou dez días máis", insiste este especialista que sitúa en 11 --incluídas as tres de críticos-- as unidades de hospitalización que se dedican de "forma íntegra" a enfermos Covid.
Por outra banda, remarca que os ingresos non son só de persoas maiores "que teñen peor prognóstico" senón tamén de "moitos mozos". "E en mala situación clínica", alerta este profesional, que subliña que "isto si ou si se traducirá en complicacións e falecementos".
TOMARSE EN SERIO AS RESTRICIÓNS
"A estatística cúmprese sempre", insiste a este respecto ao pedir á poboación que se tome "moi en serio a situación". "Ninguén pode estar seguro de non sufrilas", engade sobre as posibles consecuencias, pedindo, ademais, á poboación que sexa "responsable" e que cumpra "a machada" medidas "que salvan vidas".
"Autoconfinarse, quedar en casa, saír só o imprescindible, evitar ao máximo as visitas a familiares en hospitais e residencias", lembra. A iso, suma non incumprir "as corentenas por infección ou contacto". "É intolerable que alguén sabendo que é positivo salga a tomar o aire e, por suposto, a distancia fisica, máscara e ventilación", recalca tamén nun audio no que, por outra banda, pide á poboación que utilice "co máximo xuízo" uns servizos sanitarios "que están moi sobrecargados".
MÁIS CRIBADOS
Nestes momentos, na área sanitaria da Coruña e Cee hai 329 pacientes ingresados, deles 41 na UCI no Chuac e 254 en planta. Outro tres están na UCI do Quirón e seis en planta; 14 no Modelo: tres en UCI e 11 en planta e outros 11 en planta en Cee. Os pacientes en domicilio elévanse a 5.060.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.