A Xunta dille a Endesa que a planta das Pontes si é viable e esíxelle "analizar solucións"

A empresa mantén que non o é.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/01/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A Xunta reuniuse este martes con representantes de Endesa para esixirlles a análise de solucións que permitan que a planta das Pontes sexa viable. En concreto, tratouse dunha reunión a nivel técnico, entre técnicos da Xunta --a través do Inega-- e do Idae con técnicos de Endesa para avaliar as probas con biocombustibles realizadas na central térmica das Pontes.

Transportistas de carbón bloquean as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Transportistas de carbón bloquean as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) | Fonte: Arquivo.

Nas súas conclusións, Xunta e IDEA "confirman que as probas foron positivas, e por tanto viables desde o punto de vista técnico e ambiental", segundo destacan ontes da Vicepresidencia Económica da Xunta.

Trasladadas estas conclusións aos representantes de Endesa na comisión técnica desta mañá, o departamento de Francisco Conde entende "que a empresa debe analizar solucións que permitan que a planta sexa viable desde o punto de vista económico e garantir por tanto a continuidade da actividade na central das Pontes".

Pola súa banda, fontes da compañía evitan opinar sobre este encontro técnico e remiten a novas reunións que se celebrarán ao longo da presente semana.

Endesa certificou o pasado martes que as mesturas de biocombustibles e carbón que estivo probando na súa central térmica das Pontes non permiten prolongar a vida da instalación debido á súa inviabilidade "ambiental, técnica e económica", o que, ao contrario do que sostén o Goberno galego, para a empresa confirma o proceso de peche para a planta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta