Participa na procura do mellor disfrace de Santiago

O concello celebra o entroido cun concurso de disfraces para mimetizarse coa cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela presentou este martes o concurso fotográfico 'O disfrace invisible', a única actividade que se celebrará no municipio durante os entroidos 2021 e na que os participantes deberán presentar fotografías nas que, mediante os seus traxes, consigan "mimetizarse" coa cidade de Compostela.

A concelleira de Cultura, Mercedes Rosón e o edil de Festas, Gonzalo Muíños, presentaron o concurso en rolda de prensa acompañados polo director do Museo da Maxia, Kiko Pastur, organizador da actividade.

Rosón e Pastur coincidiron en sinalar que a temática do concurso é "un reto creativo para a cidadanía, que estimulará o deseño e a creatividade local", e que, ao servirse da cidade como escenario, "visibilizará e porá en valor o patrimonio compostelán". Ademais, os tres asistentes destacaron que a actividade cumpre "todas as medidas anticovid".

As inscricións e o envío das fotografías poderase realizar ata o 16 de febreiro, ben a través da páxina web www.odisfraceinvisible.com ou mediante un correo electrónico a inscrición@odisfraceinvisible.com.

Disfrace
Disfrace | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta