Vídeo do accidente de tren en Santiago

Fíltrase o vídeo do accidente. Os mortos soben a 80, ata 73 no lugar do sinistro e sete no hospital, e hai 87 feridos ingresados, 29 adultos e catro nenos en estado crítico. Xa se identificaron 67 cadáveres, e o resto necesitarán probas de ADN. Os Reis visitaron en Santiago aos feridos. Concentracións por toda Galicia en solidariedade coas vítimas. Os composteláns saturan o servizo de doazón de sangue e ofrecen habitacións e xantar gratis aos familiares dos accidentados no tren. Caixiña de Twitter no interior coa actualidade sobre a traxedia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/07/2013 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

ACTUALIZACIÓN DAS 00.30 HORAS

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

ACTUALIZACIÓN DAS 19.00 HORAS:

Varias contas do Youtube están a publicar o vídeo dunha cámara fixa de Renfe no que se aprecia o descarrilamento. O tren circula a unha velocidade que, en apariencia, parece excesiva para unha curva pechada. Nas imaxes non se ven persoas, pero GC avisa de que o vídeo pode ferir a sensibilidade nestas circunstancias:

O presidente do Goberno chegou a Santiago sobre as 11:30 horas e xa visitou o CHUS, onde están a maioría dos feridos. Mariano Rajoy tamén visitou Angrois, a zona cero do accidente. Polo de agora as autoridades non fixeron públicas as identidades dos falecidos.

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

A Xunta organizou un Consello especial. O presidente Alberto Nuñez Feijóo leu unha declaración institucional na que amosou o apoio de todo o pobo galego as vítimas e agradeceu as mostras de solidariedade. O Goberno galego declarou sete días de loito oficial, e o central, tres xornadas.

ACTUALIZACIÓN DAS 8:50 HORAS:

Dende un primeiro momento os cidadáns galegos responderon masivamente ao chamamento das autoridades para doar sangue. Se ben nun primeiro momento pedíronse donantes, aproximadamente a 1:30 da mañá lugares como o Centro de Transfusión de  Galicia, situado no Monte da Condesa, mandaban  para casa a centos de persoas que facían cola. A avalancha de xente fixo que se saturara o servizo. 

Con todo, é importante que os cidadáns sigan acudidando a donar sangue nos próximos días para ir repondo as reservas. En A Coruña  o CHUAC é o centro ao que dirixirse; en Vigo, Nicolás Peña; en Ourense o CHOU; en Pontevedra o Hospital Provincial, en Ferrol o Marcide; e en Lugo o Hospital Lucus Augusti. Os grupos máis necesarios son 0 negativo e A negativo.

Habitacións gratis

A Asocación de Empresarios de Hostelería tamén deu unha lección solidariedade ao habilitar unha bolsa de habitacións de balde para os familiares dos afectados poucas horas despois do accidente. "Estamos organizando un banco de habitaciones para los familiares de las victimas. Esperamos q nos deis diponibilidad de habitaciones", solicitaba a patronal aos seus socios no Twitter a unha da mañá.  Os empresarios centralizan este servizo, que tamén ofrece comida gratis, a través do centro de atención aos familiares, situado no Edificio Cersia, no compostelán barrio de San Lázaro, na rúa Alcalde Raimundo López Pol. 

Un balance tráxico que podería empeorar

Neste centro xa hai dispoñíbel a primeira lista de feridos e persoas que seguen hospitalizadas. A lista de falecidos non deixa de medrar até alcanzar cifras impensables. Polo de agora, van 80 mortos e 141 feridos.

A cifra podería aumentar. Desgraciadamente, os bombeiros aínda non foron quen de acceder a un vagón e a metade doutro, segundo informa insitu a Radio Galega, que está a ofrecer unha cobertura especial.

As autoridades tamén piden que non se aparque nas inmediacións do lugar do accidente, en Angrois, nin dos centros hospitalarios de Compostela. O alcalde de Santiago acaba de confirmar que hai máis de 140 feridos. As ambulancias están a trasladar os máis leves a centros hospitalarios doutras cidades.

 

Teléfonos de axuda

 

A Policía Nacional  atende na comisaría de Santiago, no 981.55.11.00. Renfe ten operativo o 900 101 660 dende as 11:30 horas da noite.

 

A Xunta de Galicia informa da habilitación de dous números de teléfono para a atención exclusiva dos familiares. Os números de teléfono son os seguintes: 900 101 660 e 900 444 222.

 

 

Os bombeiros desconvocan a folga

 

Os bombeiros do Consorcio da Coruña desconvocaron a folga para vir axudar a Compostela e cubrir as baixas dos compañeiros desprazados. Nas redes sociais son inumerábeis as testemuñas de médicos e outros especialistas en emerxencias que deixaron as súas vacacións para botar unha man.

 

O equipo de GC mostra a súa solidariedade con todos os afectados polo accidente, especialmente coas familias das persoas falecidas e feridas.

 

A actualidade da traxedia en tempo real

Facendo cola para doar sangue no Centro de Transfusión de Galicia en Santiago tras o accidente do tren Alvia
Facendo cola para doar sangue no Centro de Transfusión de Galicia en Santiago tras o accidente do tren Alvia | Fonte: @Elspeaker
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE | Fonte: foon youtube
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

11 XanKaraLlás

Se de verdade os galegos fosen solidarios, á hora das eleccións non votarían de maneira sitemática polos maiores responsables dos recortes sociais (que tamén matan), da inxustiza, das enormes desigualdades e de toda esta mer da que se está a vivir nestes tempos especialmente. Iso de doar sangue e demais cando hai grandes catástrofes ocorre sempre e en todas partes, entón todos somos bos mais os problemas seguen igual e non se fai nada para cambiarmos e mellorarmos as cousas. Os galegos non temos que estar orgullosos de nada porque non aprendemos, actuamos sempre igual, como autómatas. O principal bastión do PP en España só ten motivos para a vergoña.

1 chuurasmerinasQt

q gran oportunidade perdeche d quedar klado

2 Artur2

Que razón tes XanKaraLlás!! pero agora está demostrado que NINGUNHA das eleccións que gañou o Partido Podre foron limpas, en TODAS tiveron financiamento ilegal, en TODAS compraron votos e vontades, en TODAS usaron diñeiro negro, en NINGUNHA teñen lexitimidade, polo que os gobernos sustentados por esta mafia chamada Partido Podre son ilexítimos e só teñen como obxectivo roubar, repartirse o diñeiro dos subornos entre os seus dirixentes, evadir impostos e practicar a fuga de capitais, manipular e comprar xuíces. Prácticas todas elas que demostran que esa organización (camuflada como partido político) foi fundada con obxectivos delituosos, polo que lle sería de aplicación a lei de partidos políticos e debería instarse a súa ilegalización e disolución, cousa que é practicamente imposible polo control que exercen sobre o poder xudicial.

3 XanKaraLlás

Artur2: Iso non xustifica o apoio enorme que lle deu e lle está a dar a xente. Aínda en Galiza gañaron hai un ano, e non en todas partes teñen o éxito que teñen aquí. En Cataluña, por exemplo, son case unha forza marxinal.

4 XanKaraLlás

E non teñamos un xuízo moi diferente con relación ao PSOE. En realidade, quen sostén todo este tinglado do réxime en que vivimos é o PP-PSOE. O nefasto bipartidismo.

10 Un da U

O meu pesame polo acontecido onte a todalas vítimas e familiares. Non ten nome. Non podo entender como pulido pasar. Unha aperta forte a Padin e á súa familia.

9 euquisei

v televisión con programa especial para Pepiño Blanco. Non ian interrumpir a programación por una catástrofe; e o catedrático que fai tándem coa Fernanda preguntándolle a Pepiño polo problema territorial no estado. Isto non se lle ocurre nin aos guionistas de "agárralo como puedas". Que lles fagan un monumento como informadores respetuosos coa cidadania.

1 Akribéstaton

Em LVG pode sair no mesmo número uma ampla informação sobre o Edifício Fenosa e pouco depois uma longa entrevista a Francisco Vázquez sem lhe fazer a mais mínima alusão sobre o assunto. Aqui se passou exatamente mesmo: demasiado oportuna a presença de José Blanco -aquele que não fala galego porque não gosta das imposições, e demasiado recentes as "alharacas" propagandísticas (ao estilo de "Ave Ave!") para fazer uma referência. E se não foi em direto pois que o convidem uma outra vez.

2 euquisei

foi direto.

3 xaab

Pois si que perderón unha oportunidade... pois foi baixo o seu mandato no Ministerio de Fomento cando se fixerón as obras desas vías...

4 euquisei

xa, pero os intelectuais e periodistas non estiveron a altura por perder a "oportunidade" senón pola falta de respeito total á cidadania. Creo que quedou ben clariño.

5 Akribéstaton

O senhor Blanco Valdés poderia ter perguntado polos "desequilíbrios territoriais" em questão de segurança ferroviária e assim desabafava um pouco a sua teima de cadeirádego.

8 Pública e gratuíta

Por qué e quen ordeou deviar feridos da catástrofe de Santiago ao Hospital (privado) Domínguez de Pontevedra? O Hospital de Montecelo (SERGAS) podería facerse cargo sen problema algún deses ingresos. A conselleira, que na súa comparecencia seica lle molestaba que falara o xerente do CHUS tamén aos medios e sempre o cortaba, debera de explicar a lóxica médica destes desvios.

7 De Hespaña nin bó vento...

O sindicato de maquinistas denuncia e mostra o seu estupor porque o sistema de control de velocidade ERTM non estivera operativo no tramo ferroviario onde aconteceu o accidente. Claro que en Madrid non houbera ocurrido porque ali si todalas liñas están dotadas de ERTM. O de sempre, prato colonizado de segunda. Agora botaranlle as culpas aos maquinistas, como fixeron cos falecidos. en Valencia no 2006. Investigacións periodísticas posteriores aluden coma culpable ao deterioro do material e manteñemento, facendo voltar a xustiza a reabrir o caso.

1 lois

O tren que descarrilou era noviño de todo: un alvia híbrido, de un ano ou así.De deteriorado, nada. E non sei que ten que ver o accidente no metro de valencia con éste

2 De Hespaña nin bó vento...

Pois que no metro de Valencia puxeron testemuñas falsas e mentiron para botarlle as culpas aos felecidos maquinistas. O xuizo reabriuse debido as irregularidades. Mira Lois por non pagar expropiacións caras mantiveron o trazado antigo. No primeiro viaxe o tren tivo bandazos na via e os informes técnicos reflexaban o perigo da via, pese a iso non se dotou do servizo de ERTMS. Isto ocurria s do 3º mundo, agora cos recurtes neo liberáis en mayeriais e manteñemento pasa con frecuencia en Canada, USA ou Francia. Por certo, sabias que a constructora do trazado ACS era dos daban cartos en negro ao PP?

3 lois

A vía de alta velocidade a Ourense costou unha pasta. Non hai ningún perigo se se respetan os límites de velocidade de entrada a Santiago. Nada que ver co terceiro mundo, onde precisamente non hai liñas de alta velocidade. Non é cuestión dos "recurtes neoliberais" , senón de que o maquinista entrou nunha curva a 190. Home, e fácil de entender, non crees ?