Vídeo do accidente de tren en Santiago

Fíltrase o vídeo do accidente. Os mortos soben a 80, ata 73 no lugar do sinistro e sete no hospital, e hai 87 feridos ingresados, 29 adultos e catro nenos en estado crítico. Xa se identificaron 67 cadáveres, e o resto necesitarán probas de ADN. Os Reis visitaron en Santiago aos feridos. Concentracións por toda Galicia en solidariedade coas vítimas. Os composteláns saturan o servizo de doazón de sangue e ofrecen habitacións e xantar gratis aos familiares dos accidentados no tren. Caixiña de Twitter no interior coa actualidade sobre a traxedia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/07/2013 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

ACTUALIZACIÓN DAS 00.30 HORAS

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

ACTUALIZACIÓN DAS 19.00 HORAS:

Varias contas do Youtube están a publicar o vídeo dunha cámara fixa de Renfe no que se aprecia o descarrilamento. O tren circula a unha velocidade que, en apariencia, parece excesiva para unha curva pechada. Nas imaxes non se ven persoas, pero GC avisa de que o vídeo pode ferir a sensibilidade nestas circunstancias:

O presidente do Goberno chegou a Santiago sobre as 11:30 horas e xa visitou o CHUS, onde están a maioría dos feridos. Mariano Rajoy tamén visitou Angrois, a zona cero do accidente. Polo de agora as autoridades non fixeron públicas as identidades dos falecidos.

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

A Xunta organizou un Consello especial. O presidente Alberto Nuñez Feijóo leu unha declaración institucional na que amosou o apoio de todo o pobo galego as vítimas e agradeceu as mostras de solidariedade. O Goberno galego declarou sete días de loito oficial, e o central, tres xornadas.

ACTUALIZACIÓN DAS 8:50 HORAS:

Dende un primeiro momento os cidadáns galegos responderon masivamente ao chamamento das autoridades para doar sangue. Se ben nun primeiro momento pedíronse donantes, aproximadamente a 1:30 da mañá lugares como o Centro de Transfusión de  Galicia, situado no Monte da Condesa, mandaban  para casa a centos de persoas que facían cola. A avalancha de xente fixo que se saturara o servizo. 

Con todo, é importante que os cidadáns sigan acudidando a donar sangue nos próximos días para ir repondo as reservas. En A Coruña  o CHUAC é o centro ao que dirixirse; en Vigo, Nicolás Peña; en Ourense o CHOU; en Pontevedra o Hospital Provincial, en Ferrol o Marcide; e en Lugo o Hospital Lucus Augusti. Os grupos máis necesarios son 0 negativo e A negativo.

Habitacións gratis

A Asocación de Empresarios de Hostelería tamén deu unha lección solidariedade ao habilitar unha bolsa de habitacións de balde para os familiares dos afectados poucas horas despois do accidente. "Estamos organizando un banco de habitaciones para los familiares de las victimas. Esperamos q nos deis diponibilidad de habitaciones", solicitaba a patronal aos seus socios no Twitter a unha da mañá.  Os empresarios centralizan este servizo, que tamén ofrece comida gratis, a través do centro de atención aos familiares, situado no Edificio Cersia, no compostelán barrio de San Lázaro, na rúa Alcalde Raimundo López Pol. 

Un balance tráxico que podería empeorar

Neste centro xa hai dispoñíbel a primeira lista de feridos e persoas que seguen hospitalizadas. A lista de falecidos non deixa de medrar até alcanzar cifras impensables. Polo de agora, van 80 mortos e 141 feridos.

A cifra podería aumentar. Desgraciadamente, os bombeiros aínda non foron quen de acceder a un vagón e a metade doutro, segundo informa insitu a Radio Galega, que está a ofrecer unha cobertura especial.

As autoridades tamén piden que non se aparque nas inmediacións do lugar do accidente, en Angrois, nin dos centros hospitalarios de Compostela. O alcalde de Santiago acaba de confirmar que hai máis de 140 feridos. As ambulancias están a trasladar os máis leves a centros hospitalarios doutras cidades.

 

Teléfonos de axuda

 

A Policía Nacional  atende na comisaría de Santiago, no 981.55.11.00. Renfe ten operativo o 900 101 660 dende as 11:30 horas da noite.

 

A Xunta de Galicia informa da habilitación de dous números de teléfono para a atención exclusiva dos familiares. Os números de teléfono son os seguintes: 900 101 660 e 900 444 222.

 

 

Os bombeiros desconvocan a folga

 

Os bombeiros do Consorcio da Coruña desconvocaron a folga para vir axudar a Compostela e cubrir as baixas dos compañeiros desprazados. Nas redes sociais son inumerábeis as testemuñas de médicos e outros especialistas en emerxencias que deixaron as súas vacacións para botar unha man.

 

O equipo de GC mostra a súa solidariedade con todos os afectados polo accidente, especialmente coas familias das persoas falecidas e feridas.

 

A actualidade da traxedia en tempo real

Facendo cola para doar sangue no Centro de Transfusión de Galicia en Santiago tras o accidente do tren Alvia
Facendo cola para doar sangue no Centro de Transfusión de Galicia en Santiago tras o accidente do tren Alvia | Fonte: @Elspeaker
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE | Fonte: foon youtube
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

6 Ameneiro

Hai televisións e televisións, os meus parabens a TV3 que pincharon directamente o sinal da TVG, e deron información en tempo real. Esos son medios públicos que eu quero.

5 Coiro

Ainda tentando asimilar a traxedía,neste día...? Vaia por diante o meu pesar polos mortos e todo o meu apoio aos feridos e familiares duns e outros.Non dou asimilado o que pasou, o día do patrón! nun tren máis lento que o que ten que pasar por esas vías, disque, algún día. Fatalidade do destino ou que somos os esquecidos desa España tan mediterranea. Se pasou é por que podía pasar. Non é a tecnoloxía máis avanzada en trens? Semella unha metáfora, sinistra,do trato que España dalle a Galicia.

1 Que asco

Outro voitre carroñeiro máis. Polo que vemos ata algún se alegra desta terrible traxedia para levar o ascua á súa sardiña

2 xos

Sempre pode pasar algo, sempre. O avión que se estrelou en San Francisco ao Aterrar estaba dotado coas máximas innovacións e tecnoloxías. É a condición humana, por suposto, podemos facer que sexa raro (de feito xa o é, non adoitan pasar cousas así) mediante un traballo de prevención, pero non estamos libres da fatalidade, nin nunca o estaremos

3 Coiro

Que asco,.contéstoche co teu nome, alegrarme da traxedia? ti si que es un voitre desprezable!. Xos; claro que pode pasar algo, a pregunta sería por qué pasa sempre aqui, concretamente neste caso, se ainda non temolo AVE!, se seguimos a anos luz en infraestrutura ferroviaria,de cercanías nin existe,sendo a poboación máis espallada, e largas distancias xa ves, ata hai dous días levaba mínimo 10 horas a Madrid e 17 a Barcelona, e agora...xa ves.Non temos alta velocidade pero si temolo accidente de tren máis grave da democracia. Repito a pregunta, fatalidade do destino ou unha metáfora sinistra do que fai con nós España, ?.

4 xos

¿Pasa sempre aquí? ¿Todos os anos? por favor...

5 Luis

Diariamente circulan por España 300 trens AVE en traxectos de centos de quilómetros cada ún, algúns desde hai máis de 20 anos. O AVE Ourense-Santiago tiña menos de 2 anos e fai menos de 100 km. É casualidade? Para o que o quera crer que o faga, mais eu penso que nese tramo e sen control de velocidade é como un burato negro na estrada. Podes pasar e non ter o accidente, mais algúen remata téndoo.

6 Coiro

Xos; que che parece o último que se comenta sobre a eiva da seguridade,aquí non se aplican os sistemas que si teñen noutros sitios do estado,se os houbese hoxe estaríamos en Santiago celebrando a patria e non chorando como estamos. Daquela ti queres un coma este tódalas semanas para te decatar de como nos tratan aos galegos en España. ?

7 xos

Hai curvas coma esa en todos os tramos de alta velocidade entrando en cidade en todas partes. E por certo, o de voitre desprezable, sobra.

8 xos

Eu, por outra parte, non poño en dúbida que Galicia non conta para España, e que o camiño de ferro está deixado en Galicia polo Estado, pero mira ti, en alta velocidade, si que houbo unha gran inversión(de feito, é algo criticable en si mismo, por non potenciar o ferrocaril de proximidade). Pero este accidente sucede en vías novas, non deixadas da man de Deus.

9 lois

O accidente foi unha traxedia, pero deducir que "así é coma nos tratan aos galegos en España" é de tolos. Había unha limitación a 80, e, polo que fora, o tren non ía a esa velocidade ¿ Dedúcese deso que "así é coma nos tratan aos galegos"? ¿ Se se estrela un avión ta´mén serña porque asñí nos tratan aos galegos? Lémbrome que un autobús volcou en Guitiriz fai uns anos, uns 40 mortos ¿ Tamén era porque así mos tratan aos galegos?

10 lois

O accidente foi unha traxedia, pero deducir que "así é coma nos tratan aos galegos en España" é de tolos. Había unha limitación a 80, e, polo que fora, o tren non ía a esa velocidade ¿ Dedúcese deso que "así é coma nos tratan aos galegos"? ¿ Se se estrela un avión ta´mén serña porque asñí nos tratan aos galegos? Lémbrome que un autobús volcou en Guitiriz fai uns anos, uns 40 mortos ¿ Tamén era porque así mos tratan aos galegos?

11 xos

Estou de acordo con Lois, cito "Hecho número cinco: las curvas pronunciadas en vías de altas prestaciones son normales en la aproximación a una estación terminal. Guardando las distancias, es como si exigiéramos para nuestro coche una autopista recta de tres carriles hasta el garaje de nuestra casa." de http://brucknerite.net/2013/07/trag... "

12 Coiro

hai curvas coma esa? e porque ese accidente nas outras liñas, as do mediterraneo, non podería pasar. Porque eles teñen os últimos sistemas de seguridade que aquí non implementaron. De verdade que vos parece normal que a seguridade dun tren, dese tipo, estea nas mans do maquinista? Eu flipo con vós, si ho que chove quente, non vos preocupedes. O que sei é que xa temolo primeiro accidente de alta velocidade e o máis grave dende hai 70 anos, pero ainda non temos AVE.Fatalidade dos galegos? pois eu creo que non.

4 miolo

DISCREPO,a tvg, deixou caer que foi un atentado e que houbo un aviso de bomba na catedral?(que carallo pretendían)...Tamén entrevistaban machaconamente as testemuñas que dicían que se escoitaran 3 estoupidos antes do paso do tren. Semella que as adxudicacións ultramillonaria ás empresas que están detrás da financiación ilegal dos ppartidos, se reparten o botín en contra da calidade e seguridade das obras adxudicadas, e así as desfeitas, neste caso dos trazados, sinalización e seguridade,digo... non?

3 Regodobardo

Lección foi a que dou TVE de incompetencia. Desconcerto absoluto nas súas informacións, fallos técnicos e ausencia patética de medios. Unha televisión pública cando fai falla é precisamente nestas ocasións. O busto presentador desde Madrid insistía en noticias que non o eran e repetía ata a saciedade que o Rei se preocupara polo sinistro. Que Rajoy viaxaba cara a Santiago e tamén que Ana Botella ofrecía medios aos galegos. Sangrante. Outra cousa foi a TVG que librou bastante ben da catástrofe fora dalgunha xornalista que, nos directos, non pasaba o corte para entrar nin siquera na facultade que lle deu título. Con todo, noraboa á TVG e suspenso absoluto á TVE e as privadas.

2 Regodobardo

Lección foi a que dou TVE de incompetencia. Desconcerto absoluto nas súas informacións, fallos técnicos e ausencia patética de medios. Unha televisión pública cando fai falla é precisamente nestas ocasións. O busto presentador desde Madrid insistía en noticias que non o eran e repetía ata a saciedade que o Rei se preocupara polo sinistro. Que Rajoy viaxaba cara a Santiago e tamén que Ana Botella ofrecía medios aos galegos. Sangrante. Outra cousa foi a TVG que librou bastante ben da catástrofe fora dalgunha xornalista que, nos directos, non pasaba o corte para entrar nin siquera na facultade que lle deu título. Con todo, noraboa á TVE e suspenso absoluto á TVE e as privadas.