Vídeo do accidente de tren en Santiago

Fíltrase o vídeo do accidente. Os mortos soben a 80, ata 73 no lugar do sinistro e sete no hospital, e hai 87 feridos ingresados, 29 adultos e catro nenos en estado crítico. Xa se identificaron 67 cadáveres, e o resto necesitarán probas de ADN. Os Reis visitaron en Santiago aos feridos. Concentracións por toda Galicia en solidariedade coas vítimas. Os composteláns saturan o servizo de doazón de sangue e ofrecen habitacións e xantar gratis aos familiares dos accidentados no tren. Caixiña de Twitter no interior coa actualidade sobre a traxedia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/07/2013 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

ACTUALIZACIÓN DAS 00.30 HORAS

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

ACTUALIZACIÓN DAS 19.00 HORAS:

Varias contas do Youtube están a publicar o vídeo dunha cámara fixa de Renfe no que se aprecia o descarrilamento. O tren circula a unha velocidade que, en apariencia, parece excesiva para unha curva pechada. Nas imaxes non se ven persoas, pero GC avisa de que o vídeo pode ferir a sensibilidade nestas circunstancias:

O presidente do Goberno chegou a Santiago sobre as 11:30 horas e xa visitou o CHUS, onde están a maioría dos feridos. Mariano Rajoy tamén visitou Angrois, a zona cero do accidente. Polo de agora as autoridades non fixeron públicas as identidades dos falecidos.

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

A Xunta organizou un Consello especial. O presidente Alberto Nuñez Feijóo leu unha declaración institucional na que amosou o apoio de todo o pobo galego as vítimas e agradeceu as mostras de solidariedade. O Goberno galego declarou sete días de loito oficial, e o central, tres xornadas.

ACTUALIZACIÓN DAS 8:50 HORAS:

Dende un primeiro momento os cidadáns galegos responderon masivamente ao chamamento das autoridades para doar sangue. Se ben nun primeiro momento pedíronse donantes, aproximadamente a 1:30 da mañá lugares como o Centro de Transfusión de  Galicia, situado no Monte da Condesa, mandaban  para casa a centos de persoas que facían cola. A avalancha de xente fixo que se saturara o servizo. 

Con todo, é importante que os cidadáns sigan acudidando a donar sangue nos próximos días para ir repondo as reservas. En A Coruña  o CHUAC é o centro ao que dirixirse; en Vigo, Nicolás Peña; en Ourense o CHOU; en Pontevedra o Hospital Provincial, en Ferrol o Marcide; e en Lugo o Hospital Lucus Augusti. Os grupos máis necesarios son 0 negativo e A negativo.

Habitacións gratis

A Asocación de Empresarios de Hostelería tamén deu unha lección solidariedade ao habilitar unha bolsa de habitacións de balde para os familiares dos afectados poucas horas despois do accidente. "Estamos organizando un banco de habitaciones para los familiares de las victimas. Esperamos q nos deis diponibilidad de habitaciones", solicitaba a patronal aos seus socios no Twitter a unha da mañá.  Os empresarios centralizan este servizo, que tamén ofrece comida gratis, a través do centro de atención aos familiares, situado no Edificio Cersia, no compostelán barrio de San Lázaro, na rúa Alcalde Raimundo López Pol. 

Un balance tráxico que podería empeorar

Neste centro xa hai dispoñíbel a primeira lista de feridos e persoas que seguen hospitalizadas. A lista de falecidos non deixa de medrar até alcanzar cifras impensables. Polo de agora, van 80 mortos e 141 feridos.

A cifra podería aumentar. Desgraciadamente, os bombeiros aínda non foron quen de acceder a un vagón e a metade doutro, segundo informa insitu a Radio Galega, que está a ofrecer unha cobertura especial.

As autoridades tamén piden que non se aparque nas inmediacións do lugar do accidente, en Angrois, nin dos centros hospitalarios de Compostela. O alcalde de Santiago acaba de confirmar que hai máis de 140 feridos. As ambulancias están a trasladar os máis leves a centros hospitalarios doutras cidades.

 

Teléfonos de axuda

 

A Policía Nacional  atende na comisaría de Santiago, no 981.55.11.00. Renfe ten operativo o 900 101 660 dende as 11:30 horas da noite.

 

A Xunta de Galicia informa da habilitación de dous números de teléfono para a atención exclusiva dos familiares. Os números de teléfono son os seguintes: 900 101 660 e 900 444 222.

 

 

Os bombeiros desconvocan a folga

 

Os bombeiros do Consorcio da Coruña desconvocaron a folga para vir axudar a Compostela e cubrir as baixas dos compañeiros desprazados. Nas redes sociais son inumerábeis as testemuñas de médicos e outros especialistas en emerxencias que deixaron as súas vacacións para botar unha man.

 

O equipo de GC mostra a súa solidariedade con todos os afectados polo accidente, especialmente coas familias das persoas falecidas e feridas.

 

A actualidade da traxedia en tempo real

Facendo cola para doar sangue no Centro de Transfusión de Galicia en Santiago tras o accidente do tren Alvia
Facendo cola para doar sangue no Centro de Transfusión de Galicia en Santiago tras o accidente do tren Alvia | Fonte: @Elspeaker
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE | Fonte: foon youtube
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

1 cabreadísimo

independentemente da responsabilidade do maquinista, o goberno ten cartos para publicidade e pra darlle á monarquía, e non ten para poñer vías seguras que limiten a velocidade co "Sistema de xestión de tráfico ferroviario". Tamén poderían aforrar de vir en avión Raxoi dende Madrid facela foto a Santiago, e meter eses cartos en seguridade, hospitais, etc. Teño amigos na traxedia e non me fai gracia que haxa cartos pra "sobres" e non para trens seguros....

1 Parásitos non

Xa empezan a voar os voitres. Por que non falas tamén do diñeiro que chupan os liberados da CIG ou dos 4500 euros que como mínimo se leva cada deputado do BNG? Para estes parasitos non hai recortes.

2 Artur2

Xa están os vividores do PartidoPorco falando, a 30 céntimos a mensaxe que vos pagan, non tedes nin vergoña nin valedes para nada só para roubar, non tedes lexitimidade, gañades as eleccións con diñeiro negro, pagades sobresoldos aos mangantes dos vosos dirixentes, comprades xuices, aceptades subornos, non sodes un partido sodes unha mafia. E logo falas de parasitos, mírate ao espello... Ides acabar como a UCD.

3 lois

Non é momento de facer comentarios deste tipo. Son 77 mortos. E o que importa. De todas formas, ninguén acreditou que as vías non " fosen seguras". Son seguras a velocidade para as que están feitas, non para outra.Non é nenguha consecuencia de ningún recorte. E trátase de vías na entrada de santiago, é normal que haxa restriccións. De todas formas, insisto, diante dunha traxedia destas, é de moi mal gusto facer certos comentarios.

4 Cazapantasmas

Home Lois, non é o intre para facer comentarios sobre as causas, mais ti xa sentencias que non é por culpa de ningún recurte. Aclarate rapaz, porque iso raia a hipocresía. Xa que sacas o tema, pois claro que é por causa dos recurtes e mala xestión. En primeiro lugar non existe o servizo de frenado automatico en dito trazado a pesares do mal peritado que está e o perigoso da curva. Segundo as condicións de traballo están moi deterioradas, con ameaza de despido de 146 persoas en Galiza e o acosa para cubrir horarios (levaban retrasos) pese a violar as medidas de seguridade, para non pagar RENFE as indemnizacións por retraso.

5 Xosé

Lois, predicas no deserto. O accidente foi debido á opresión colonial española sobre Galiza e á explotación dos traballadores por parte do capital. Calquera evidencia sobre o exceso de velocidade é froito da manipulación informativa das élites extractivas que manteñen ao noso pobo nunha secular apatía.

6 xaab

A ver, creo que hai responsabilidades varias. Primeiro, non é normal que nunhas vías nas que se fixerón obras para o AVE teñan unha limitación para 80, esto fixose así para evitar todas as expropiacións nunha zoa densamente poboada e aínda non estabamos en crise (nin con recortes). Outra cousa é a responsabilidade do conductor, que é certo que a súa obriga era respectar as limitacións de velocidade, pero non vou ser eu quen tire a primeira pedra que tamén cando conduzo a veces pasome da velocidade. En definitiva as miñas condolencias para as vítimas e as súas familias e amigos e as miñas felicitacións para para sociedade galega pola solidariedade.

7 Xistral

Parasitos non: según dis parece que os liberados do PP e os deputados do PP non cobran e traballan por amor ao arte... Un vómito é o que produces. A resposta téñena os cidadáns: saben que os deputados do PP cobran iso e ademais tamén cobran en negro outro tanto porque polo visto iso non lles chega.

8 CIENFUEGOS

Todos nos estamos enoxados e mais que cabreados.como cando foi dos "HILITOS DE PLASTELINA",mais de aquela non pasou nada por que saiben que o que CABREA DESCABREASE os poucos dias ANUNCIARAN UN NOVO PLAN GALICIA E A VIVIR.Estou a ollar que a MONCLOA mextuara un terremoto na china con Santiago de pena.PARABENS COMA SEMPRE OS VOLUNTARIOS , Y EU PENSO "QUE BUEN VASALLO SI TUVIESE UN GRAN SEÑOR.

9 lois

O ave a Ourense ten unha parte común ca vía vella, i é ahí onde están as restriccións, Tamén hai restriccións na entrada a Santiago, viñendo de Coruña, e nunca houbo nengún accidente ahí, con bastante mais de cuarenta trens ao día. Para recuperar tempo, o tren tiña tempo de sobra de Santiago a Coruña. Agora se aproveitamos un accidente para largar o rollo de "Esto o que fai españa con nos", eso é irreal, porque "esto" é producto dun accidente, non da "política" de ningún estado. A obsesión de politizar ata os mortos leva a tolemia pura e dura.