O BNG reclama a Goberno e Xunta axudas para compensar ás mariscadoras da ría do Burgo

As axudas estableceríanse en base ao dragado da ría e o prexuízo para o marisqueo na zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O BNG demandou á Xunta de Galicia e o Goberno do Estado que acorden un plan de axudas para compensar ás mariscadoras e mariscadores da ría do Burgo --na Coruña-- polo parón da actividade que provocarán as obras de dragado.

A reclamación foi efectuada polo deputado nacionalista no Congreso, Nestor Rego, quen, a través dunha iniciativa parlamentaria, solicitou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) que convoque unha reunión entre Estado e Goberno autonómico para abordar un programa de compensacións económicas para estes profesionais.

O Bloque acusa a Xunta e Goberno de "eludir os seus responsabiilidades" e "atribuír á outra" o deber de levalas a cabo, polo que urxen a ambas as administracións a implicarse en ofrecer apoios aos mariscadores que se verán afectados as obras de dragado da ría, unha demanda que xa foi trasladada por este colectivo o pasado mes de novembro.

"O Goberno do Estado ten que reunirse con moita brevidade coa Xunta de Galicia para negociar e pactar a concesión das necesarias compensacións económicas que precisa o colectivo de persoas afectadas", sinalou Rego, que puxo o acento en que "cada vez falta menos" para o inicio dos traballos e, por tanto, "urxe unha solución".

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa. EUROPA PRESS/R.Rubio.POOL - Europa Press - Arquivo / Europa Press
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa. EUROPA PRESS/R.Rubio.POOL - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta