Nace unha plataforma para defender as montañas máis vellas da Península de proxectos eólicos e mineiros

A Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega busca a pprotección, a defensa, a conservación e divulgación da biodiversidade e dos ecosistemas naturais desta zona.

Por Galicia Confidencial | Covelo | 04/02/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Dorsal Galega é o gran espiña dorsal do territorio galego. É un cordal de montes que cruza o país de norte ao sur, as montañas máis vellas da Península Ibérica que se elevaron do fondo mariño para formar unha cordal de serras dun territorio ocupado na actualidade polas provincias de Pontevedra e Ourense.

Dorsal Galega. Foxo de lobo no concello de Covelo
Dorsal Galega. Foxo de lobo no concello de Covelo | Fonte: remitida

Agora é o berce dunha actividade gandeira que vén desde os nosos ancestrais. "Pero estas montañas e vales están ameazadas por proxectos para a  explotación dos seus recursos que veñen da man de grandes empresas que, sen lugar a dúbidas, destrúen os valores do patrimonio ocultándose tras unha máscara verde". Así o cre Julio Eiroa, un dos portavoces da Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega.

Esta nova entidade recolle a un grupo amplo e diverso de persoas e organizacións que teñen como principal obxectivo a protección, a defensa, a conservación e divulgación da biodiversidade e dos ecosistemas terrestres e fluviais que se integran neste territorio. "Un colectivo multidisciplinar de profesionais do sector da conservación da natureza, do patrimonio etnográ!ico e arqueolóxico, da arquitectura, da educación, da comunicación, da literatura, etc", idnica.

A plataforma aposta pola cohesión a través das sinerxías con outras agrupacións e asociacións que teñen o mesmo fin para conservar e defender o territorio e os seus valores culturais, históricos, arqueolóxicos, paisaxísticos e naturais así como das persoas e seres vivos que o habitan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta