Os autobuses que operan en Ourense comezarán o seu labor este sábado na intermodal, a primeira en servizo en Galicia

Mentres se avanza na demolición da antiga estación do barrio do Pino para construír unhas residencias de maiores, cuxos traballos están próximos a acabar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A Xunta traslada a partir deste sábado, 6 de febreiro, a actividade da estación de autobuses de Ourense á intermodal, que será a primeira que se pon en servizo en Galicia.

A nova terminal situarase xunto á estación de tren do barrio da Ponte, aínda que o Goberno galego apunta que falta que Adif finalice as obras do aparcadoiro subterráneo.

En concreto, o Goberno galego achega nove millóns de euros para esta infraestrutura que acollerá uns 79.000 desprazamentos ao ano (un 21% máis) e uns 400.000 viaxeiros (un 12% máis).

O pasado mes de novembro adxudicouse (por máis dun millón de euros) o contrato de concesión para a xestión da nova estación e os locais, servizos complementarios e zonas comúns.

Mentres, avánzase na demolición da antiga estación do barrio do Pino para construír unhas residencias de maiores, cuxos traballos están próximos a terminar.

Estación de buses na intermodal de Ourense. XUNTA
Estación de buses na intermodal de Ourense. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta