Temas: VIAXES TURISMO

Que vilas galegas están entre as 50 poboacións máis populares do estado?

A plataforma dixital Musement, especializada na reserva de actividades turísticas, vén de publicar unha privilexiada listaxe na que selecciona unha poboación por provincia.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 07/02/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A nova realidade pandémica está a condicionar as posibilidades de viaxar, motivo que está facendo aumentar as visitas de proximidade.

Mapa vilas máis populares de España. Fonte: musement.com
Mapa vilas máis populares de España. Fonte: musement.com

Pois ben, aproveitando esta evidencia, a web Musement vén de publicar unha infografía na que sinala as 50 poboacións ‘máis populares’ de España, indicando só unha por provincia.

Así, pois, as escollidas a nivel de Galicia foron as seguintes: Betanzos, na provincia da Coruña, Ribadeo en Lugo, Allariz en Ourense e Cambados en Pontevedra. O portal de recomendacións e axenda turística sinala así mesmo estas poboacións como destinos perfectos para este 2021.

Na elaboración desta escolma, segundo indican no medio 20minutos, tívose en conta o volume de buscas en Google e que foran concellos de menos de 20.000 habitantes.

Temas: VIAXES TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta