O PSdeG lembra que foron PP e BNG os que votaron en contra das rebaixas das peaxes ao votar contra os PGE

"Perderon calquera tipo de credibilidade e de autenticidade os que tentaron entorpecer e non cooperar", dixo.

Por E.P. | Miño | 06/02/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considera que PP e BNG "perderon toda a credibilidade" no debate sobre o custo das peaxes da AP-9 no momento en que votaron contra os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que "van permitir" que se rebaixen as tarifas da autoestrada en 2021.

Así se pronunciou o líder dos socialistas galegos en declaracións aos medios en Miño, onde enxalzou a medida do goberno local, encabezado polo alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, de destinar vivendas da "burbulla inmobiliaria" a aluguer social.

Alí, González Caballero comentou que o desprazamento desde Vigo, o seu lugar de residencia, á localidade coruñesa que visitou este sábado custa 17 euros pola AP-9, un "prezo excesivo". Neste sentido, sinalou que os PGE deste ano permitirán "rebaixar neste 2021" as tarifas das autoestradas, o que levou a Caballero a sentenciar que o voto contrario de PP e BNG aos orzamentos foi "un voto contra a rebaixa da AP-9".

"Perderon calquera tipo de credibilidade e de autenticidade os que tentaron entorpecer e non cooperar", dixo, antes de instar a populares e nacionalistas "que se poñan a cooperar e recoñezan que vai haber 63 millóns de euros para a rebaixa das peaxes" da AP-9.

Así as cousas, Gonzalo Caballero subliñou que "é hora de chegar a un gran acordo de país" para diminuír o custo de moverse pola Autoestrada do Atlántico, un obxectivo que, segundo o socialista, "non se fai nin detrás das pancartas nin da confrontación". "Faise detrás das bonificacións previstas no PGE", sentenciou.

A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo
A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 César

E dalle sempre o mesmo, os culpabeis de que os galegos teñamos que soportar as peaxes abusivas da AP-9, son o PP e o PSOE. Por moito que o PSOE teime no contrario xa non os cre ninguén. O BNG co povo galego a seguir loitando, xuntos imos conseguir unha autoestrada sen peaxes e controlada por nós.