O PP pide cambiar a LOMLOE para integrar ao profesorado de FP no corpo docente de secundaria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O PPdeG demandou ao Goberno central a modificar a nova lei de eduación para "corrixir o erro" polo que non se recoñece ao profesorado de Formación Profesional (FP) a posibilidade de integrarse no corpo de docentes de secundaria.

O Grupo Popular na Cámara galega rexistrou unha proposición non de lei na que demandarán o apoio do Lexislativo autonómico nesta cuestión, que consideran unha mostra de "descoñecemento absoluto sobre a organización do ensino de FP". Nun comunicado remitido aos medios este sábado, o deputado do PPdeG Ovidio Rodeiro censurou o "desprezo á participación e a incorporar erros" na tramitación parlamentaria da reforma educativa.

En concreto, os populares critican a "extinción" do corpo de profesores técnicos de FP, unha medida que está "a xerar unha enorme inestabilidade" neste coletivo e que supón "un obstáculo para a consolidación da formación profesional", xa que, segundo Rodeiro, "deixa nunha situación de indefinición administrativa e laboral" a estes profesionais.

Así mesmo, sostén que a LOMLOE deixa "nunha situación comprometida" aos interinos e substitutos nas listas, xa que "non se concreta" se estes poderían continuar desempeñando as súas tarefas docentes ou en que modalidade de relación laboral e contractual quedan.

O deputado do PPdeG Ovidio Rodeiro mantén unha reunión con profesores de FP. PPDEG
O deputado do PPdeG Ovidio Rodeiro mantén unha reunión con profesores de FP. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta