Por que se prohíben os mercados populares cando os supermercados seguen abertos?

O SLG volve pedir que se levante o veto a estes actos e insiste na súa seguridade. Anuncia que estudará accións legais para levar a decisión dos concellos galegos ante a xustiza.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Continúa a polémica dos mercados populares ao aire libre. Semanas despois de que varios concellos de Galicia anunciaran a suspensión destes acontecementos ante o avance da pandemia, o SLG vén de demandandar información aos consistorio cun obxectivo en mente: estudar se emprende accións legais contra os peches. En concreto, dende o sindicato inquiren cal foi o "instrumento xurídico" e os "fundamentos nos que basean a prohibición de vender produtos esenciais de primeira necesidade".

Mercado agrícola de Melide, hoxe clausurado. SLG - Arquivo
Mercado agrícola de Melide, hoxe clausurado. SLG - Arquivo

Segundo explican nun comunicado, estas preguntar serán trasladadas "concello a concello" en todos os consistorios que pecharon a actividade destes mercados labregos "coa escusa da Covid-19" se axustan a dereito. Dende o sindicato pregúntanse se tal clausura entra dentro da legalidade.“Dende o punto de vista formal, non temos constancia de cal foi o instrumento xurídico (decreto, acordo plenario, acordo da xunta de goberno) por medio do cal foi adoptada a medida de prohibición de cada mercado", explican.

O obxectivo pasaría por coñecer esta forma xurídica con vistas a "emprender accións legais" no caso de que estas procedan. O anuncio do sindicato vén acompañado dunha nova petición de cara á "reapertura inmediata dos mercados de alimentos ao aire libre"; xa que, segundo destacan, “se trata dunha actividade esencial, de maneira que a venda nos mercados debe manterse en todo caso cando se trata de mercados de alimentos".

AIRE LIBRE

O Sindicato argumenta, neste aspecto, que a urxencia da reapertura de tales mercados ten que ver co feito de que se celebran ao aire libre; é dicir, nun espazo óptimo a nivel de ventilación, unha das cuestións nas que as autoridades sanitarias fan máis fincapé no tocante á prevención contra a transmisión da covid. Dende o SLG xa se preguntaron en anteriores ocasións as razóns polas que se decretaron o peche destes mercados cando os establecementos das grandes cadeas seguen abertos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta