O Eixo Atlántico quere apostar pola economía sustentable colocando ás cidades na "vangarda"

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, subliñou que "agora mesmo" a entidade ten "unha oportunidade para apostar por un modelo de economía sustentable, por un modelo de economía socialmente xusta e equilibrada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, anunciou que "se abre unha etapa nova" na institución, que agora pretende profundar en "un modelo de economía sustentable".

Desde Lugo, Vázquez Mao puxo en valor "o cambio estratéxico que se aprobou na Asemblea Xeral --este mércores--, que é un cambio destinado a pór ás cidades, a través do Eixo, en vanguardia e en liderado".

"É un momento en que se abre unha etapa nova, unha etapa en que nada vai ser igual que antes, isto (pola pandemia) é igual que o que pasou despois do II Guerra Mundial, pero este cambio que vai haber non é necesariamente negativo se facemos ben as cousas", advertiu.

Subliñou que "agora mesmo" a entidade ten "unha oportunidade para apostar por un modelo de economía sustentable, por un modelo de economía socialmente xusta e equilibrada".

"Non basear o crecemento económico en especulación, nin en contratos lixo, senón baseado en temas rendibles como a especialización, a innovación ou a man de obra de calidade", expuxo.

En definitiva que o que persegue é favorecer que haxa "unhas cidades que sexan sustentables" e considera que "este tipo de iniciativas van marcar esta nova etapa".

O Eixo Atléntico confórmano 37 cidades, de Galicia e Portugal, ademais de dúas deputacións. A poboación suma máis de sete millóns de persoas, segundo os cálculos do seu secretario xeral.

Xoan Vázquez Mao, Secretario Do Eixo Atlántico.. EUROPA PRESS - Arquivo
Xoan Vázquez Mao, Secretario Do Eixo Atlántico.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta