Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 10:20
Un incendio que se declarou sobre as 7,15 horas deste luns, 15 de febreiro, nunha nave situada no polígono de Vilar do Colo, no municipio de Cabanas, calcinou todo o que se atopaba no seu interior.
O lume afectou ás instalacións da sociedade Ecoxestión de subproductos S.L., dedicada á reciclaxe, entre outros materiais de plásticos, o que dificulta os labores.
Ao lugar, acudiron Bombeiros de Ferrol, GES de Mugardos e Bombeiros do Eume, ademais de Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón, que enviou á zona uno dos seus camións escaleira. Tamén se desprazaron á zona do incendio, na rúa Xetal deste enclave industrial, axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.