O PP defende os edís que votaron a favor da alcaldesa de Boimorto: “son cousas da xestión municipal”

Rueda lembra que a rexedora "xa abandonou as siglas do PP".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Os cinco edís que se manteñen nas filas do PP no Concello de Boimorto salvaron hai uns días de ser reprobada á alcaldesa, María Jesús Novo, que pediu a baixa do partido por mor da polémica xurdida despois de vacinarse contra a covid-19 na residencia de titularidade municipal sen formar parte do seu persoal.

Fixérono despois de que PSdeG (con tres concelleiros) e BNG (con dous) impulsasen unha iniciativa que foi sometida a votación e que reivindicaba a reprobación coa esixencia inmediata de dimisión da rexedora, que este venres se defendeu e asegurou que "o presunto escándalo" que a oposición "quere vender non existe".

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda,e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión do Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda,e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión do Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI

Un apoio do PP que a súa dirección ve normal e, a diferencia a alcaldesa, non cre que haxa que pedirlles explicacións. “Iso ten que ver coa xestión municipal ordinaria en Boimorto que eu descoñezo”, respondeu o vicepresidente da Xunta e líder do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, ao ser preguntado por GC.

Neste sentido, lembrou que o seu partido instou no seu día á rexedora a que abandonara as siglas do PP, “cousa que fixo”, insistiu. Con todo, esta formación en ningún momento lle pediu que dimitira do seu cargo. Por iso, agora, volve apoiar aos edís do PP neste concello ante as novas mostras de apoio que lle deron á rexedora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta