Os centros educativos galegos rexistran 748 positivos menos tras as vacacións de Entroido

Sitúanse agora nos 1.783, tras máis dunha semana de continua baixada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/02/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Os casos de coronavirus nos centros educativos galegos diminuíron case en 750 durante os días non lectivos e sitúanse agora nos 1.783, tras máis dunha semana de continua baixada. En concreto, segundo os datos proporcionados pola Xunta, este xoves, primeiro día lectivo da semana tras as vacacións de Entroido, os centros educativos galegos rexistraron 1.783 casos covid entre o seu alumnado e profesorado, 748 menos que os incluídos no último parte, que facía referencia ao venres.

Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións do IES Vilar Ponte
Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións do IES Vilar Ponte | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Ademais, permanecen pechadas 78 aulas, 29 menos que o venres pasado, e dous centros infantís, o municipal de Viveiro, cun positivo, e o PAI municipal de Guitiriz, con 11.

Por áreas sanitarias, a que segue rexistrando máis casos é a da Coruña-Cee, con 557, aínda que tamén é a que experimenta un maior descenso (-171), e ten 14 aulas en corentena. 

Pola súa banda, a área de Vigo contabiliza 284 positivos (131 menos que o venres) e 22 aulas pechadas; mentres que a de Pontevedra ten 276 casos (-125) e 15 aulas en corentena. 

Por enriba de 200 casos na comunidade educativa están os centros da área de Lugo, onde diminúen en 14, ata os 229, con 10 aulas en corentena. 

Así mesmo, en Santiago quedan 203 casos activos en centros educativos, 120 menos que a pasada semana, e 9 aulas pechadas. 

Xa por baixo dos 200 casos sitúase Ferrol, con 119 (-65) e 2 aulas en corentena, e Ourense, onde os casos baixan en 122, ata os 115, con seis aulas pechadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta