Ferido un conductor en Carnota tras dar varias voltas no aire nun aparatoso accidente

Tivo que ser excarcerado do vehículo polo servizo de urxencias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencias tiveron que excarcerar a unha persoa en Carnota que resultou ferida ao quedar atrapada no seu vehículo despois de dar varias voltas no aire. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao fío das 11,30 horas da mañá deste sábado. Entón, unha persoa particular alertaba ao servizo de emerxencias dun coche que sufrira un accidente na AC-550, no lugar de Vilar.

Ademais, o alertante aseguraba que o condutor presentaba dificultades para saír do interior do vehículo. Así, o 112 deu o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Cee, ao GES de Muros e aos axentes de Tráfico. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade. Finalmente, os membros do GES de Muros lograron excarcerar do interior do vehículo á persoa ferida, que foi posteriormente trasladada en ambulancia por parte dos servizos sanitarios de urxencias.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta