Gómez-Reino ve "un terrible erro" que o Goberno non recorra a sentenza que obriga a indemnizar os Franco

O Estado podería ter que pagar máis dun millón de euros á familia do ditador polo Pazo de Meirás.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O deputado de Galicia En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, considera un "terrible erro" que o Goberno central decidise non recorrer a sentenza sobre o Pazo de Meirás que obriga ao Estado a compensar economicamente aos herdeiros do ditador Francisco Franco polo uso do complexo de Sada desde 1975.

"A cidadanía galega xa pagou o Pazo de Meirás no ano 1938. Coa indemnización que establece esta sentenza volveríaos a pagar unha segunda vez por un ben que, como moitos outros, espoliou o ditador durante os anos do Réxime", sentenciou Gómez-Reino, segundo recolle un comunicado.

Para o parlamentario, é necesario "ir ata o final contra os expoliadores do público" polo que tacha de "incomprensible" que "se poida avalar a tese" de que non existiu mala fé por parte da familia Franco, como sentencia o fallo xudicial que o Executivo central, do que forma parte Unidas Podemos, decidiu non recorrer.

"Hai que chegar ao final deste proceso contra o espolio do público que fixo con total impunidade durante décadas a familia Franco. Fai falta recorrer e evitar que senta un precendente que altere outros procesos de recuperación doutros inmobles do patrimonio público", incidiu Gómez-Reino.

O candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, na Praza do Obradoiro de Santiago. GALICIA EN COMÚN
O candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, na Praza do Obradoiro de Santiago. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta