Estas son as mulleres galegas máis influíntes do Estado

Nadia Calviño e Yolanda Díaz sitúanse á cabeza da listaxe, que comparten con deportistas e empresarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A vicepresidenta Nadia Calviño, a ministra Yolanda Díaz, a atleta Ana Peleteiro ou a futbolista Verónica Boquete son algunhas das galegas que foron incluídas na preselección para optar a ingresar na lista das 100 mulleres máis influíntes de España. Un total de 24 galegas foron seleccionadas entre as 1.000 candidatas que aspiran a un posto nun ranking orientado a "outorgar visibilidade" ás mulleres, segundo sinala Executivas de Galicia nun comunicado.

A iniciativa expón dez categorías que abranguen "todas as áreas que configuran o tecido empresarial, social, económico e cultural de España". Así as cousas, nas votacións, abertas ata o 16 de marzo, hai galegas candidatas en todas as categorías salvo no terceiro sector.

Deste xeito, Africa González, Ana García Cabado, Marisol Soengas, Ana Freire, Mabel Louza e Manuela Camiño López optan á categoría de Académicas e Investigadoras; Luisa Lorenzo, Adriana Domínguez, Carmen Lence Ferreiro, á de Empresarias; e Ana Peleteiro e Verónica Boquete no apartado de Cultura, Lecer e Deporte.

En Directivas foron preseleccionadas Tesa Díaz-Faes, Marta Fernández Currás e Natalia Seoane; Nadia Calviño, Irene Souto Blázquez, Susana López Abella, Yolanda Díaz e Carla Reyes Uschinsky en Función Pública, institucional e política; e Ana Pardo de Vera na categoría de Medios de Comunicación. Así mesmo, tamén optan a un posto na lista Paula Carrera (Alta dirección) e Diana Lameiro, Mónica Seara e Susana Quintas, todas elas no apartado de Startups e pemes.

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, sorrí á súa chegada á comparecencia no Congreso dos Deputados na Comisión para a Reconstrución Social e Económica días despois da volta da patronal ao diálogo social e á negoc. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, sorrí á súa chegada á comparecencia no Congreso dos Deputados na Comisión para a Reconstrución Social e Económica días despois da volta da patronal ao diálogo social e á negoc. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Executivas de Galicia? O chiringuito de Carla Reyes, a todóloga da tvg e da rg? Deixádeme rir! Si, éche ben certo, Vero Boquete e Ana Peleteiro están entre as mulleres máis influíntes do estado: Amancio e Messi non moven un dedo sen consultalas antes!

1 Phantoches

Nadia Calviño non é galega. Seu pai foi galego pero ela é madrileña. Nacida en Madrid. Hai ingleses moitísimo máis galegos que Nadia Calviño.