Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 19:19
As probas do cribado voluntario que ofreceu a Xunta ao alumnado das tres universidades galegas realizarase entre este sábado e o martes-Fontes da Consellería de Sanidade trasladaron a Europa Press que o plan do Executivo autonómico é realizar este proceso durante o 27 e 28 de febreiro e o 1 e 2 de marzo.
Os estudantes obxecto do cribado serían citados mediante SMS ao seu teléfono móbil e as probas consistirán en test de antíxenos. Falta por determinar, no entanto, os centros nos que se realizará o citado proceso.
As tres universidades galegas recuperarán a docencia presencial o luns 1 de marzo, polo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrecerá aos estudantes a posibilidade de someterse a este cribado antes de regresar ás facultades.
Ata o momento, este nivel educativo xunto cos ensinos especiais --conservatorios de música e de danza e escolas oficiais de idiomas, entre outras instalacións--, atopábanse operando de forma telemática por recomendación do comité clínico de expertos que asesora ao Goberno galego, que decidiu reverter a medida a semana pasada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.