Case 40 títulos son finalistas dos premios Follas Novas 2021 do Libro Galego

Entre eles están Suso de Toro, Manuel Rivas, Xavier P. Docampo, ou Ana Romaní.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Os premios Follas Novas do Libro Galego 2021, que estrean denominación na súa sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro, seleccionaron a case 40 finalistas nas súas diferentes categorías para a edición que premia as obras do ano 2020, "especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro", pero que "a pesar das dificultades, non se detivo".

Os premios Follas Novas resolveranse nunha gala que se celebrará o 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela e que será ademais retransmitida en liña. "En función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial se fose posible", indicaron os organizadores nun comunicado.

Os títulos e autores da listaxe de finalistas son propostos polas asociacións organizadoras do galardón  --Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Asociación Galega de Editoras e Federación de Librarías de Galicia--. Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, o xurado decidirá os gañadores en cada unha das categorías.

Libros de Xerais
Libros de Xerais

Os Premios Follas Novas do Libro Galego contan coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, o Centro Español de Dereitos Reprográficos (Cedro) e a Xunta de Galicia.

Entre os finalistas están Suso de Toro, Eva Moreda, Marica Campo,  Menchu Lamas, Xabier P. Docampo, Xosé Cobas ou Manuel Fontemoura. Tamén Ana Romaní, Martín Veiga. Raúl Dans, Santiago Cortegoso, Antón Reixa, Antonio Reigosa, Rita Gutiérrez, Eva Mejuto, Bea Gregores, Xosé Alfeirán e Xosé Tomas, Berta Dávila e Pablo Prado ou Manel Cranio. Ademais figuran,  Aurora Marco, Manuel Rivas, Daniel Amarelo, Xurxo Mariño ou Pancho Lapeña e Nacho Munilla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta