(VÍDEO) “Podería unha cervexa gañar o premio ao mellor viño do ano en Galicia?”

O autor de banda deseñada Manel Cráneo renuncia á nominación de mellor banda deseñada para a súa obra ‘Corona-Bios’ acusando aos organizadores da Gala do Libro Galego de non distinguir entre banda deseñada e humor gráfico.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/02/2021 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

O autor de BD, humorista gráfico e editor especializado en BDG (Banda deseñada galega), Manel Cráneo, renunciou públicamente á nominación do seu libro “Corona-Bios” na Gala do Libro Galego 2021 ao entender que os organizadores deste premio non fan distinción entre o que é banda deseñada e humor gráfico en galego.

“A nominación máis que facerme ilusión dame un pouco de noxo e pido que se retire o meu libro da gala do Libro Galego”, apunta Cráneo nun vídeo que fixo público na súa conta de Youtube. Así xustifica esta decisión pola non diferenciación no panorama editorial galego do que é un libro de humor gráfico e un libro de banda deseñada. “Pode ser que a primeira vista non se entende esta diferencia”, indica ao tempo que di que xa lle explicou aos organizadores as diferencias que hai, “que son moi importantes”.

“Corona-Bios é un libro feito con viñetas humorísticas sen conexión entre elas e o único tema común é do coronavirus e calquera libro de banda deseñada si ten unha intención narrativa de contar unha historia con personaxes concretas a través de viñetas. E esas son diferencias importantes”, suliña. “O único que comparten son imaxes e palabras pero a intención e a linguaxe final son completamente diferentes”, engade.

Cráneo asegura enfadado que o que “máis o enerva” foi que se puxo en contacto cos organizadores dos premios en edicións anteriores para comentarlle a diferencia. “Dixéronme que o facían así porque non había ningunha categoría para meter os libros de humor gráfico... Pois, se non hai, que se cree unha. O que non pode ser é que como non se editan moitos libros de humor gráfico en Galicia se metan na categoría de banda deseñada”, denuncia.

O ilustrador Manel Cráneo
O ilustrador Manel Cráneo | Fonte: eslahoradelastortas.com

Que pensades se nominaran unha cervexa como mellor viño do ano en Galicia?”, indica ao tempo que toma unha cervexa para explicar esa gran diferencia.  Manel Cráneo é propietario de Demo Editorial/Cultural e da marca Planeta Mincha, co-fundador e ex-presidente da AGPI, ex-vice-presidente de FADIP, membro da mesa pola Lei do Libro en Galicia eproductor e director da plataforma Coruña Gráfica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta