A Xunta insta a Betanzos a tramitar a declaración dunha 'Área Rexurbe' para a recuperación do patrimonio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, instou ao Concello de Betanzos a iniciar a tramitación da declarción dunha 'Área Rexurbe', figura recollida na Lei de Rehabilitación.

"Para avanzar e completar as actuacións en materia de rehabilitación co fin de recuperar o patrimonio edificatorio e facilitar vivendas aos veciños de Betanzos", argumenta.

Fíxoo coincidindo coa visita ás obras de rehabilitación que se están executando ao amparo do programa 'Rexurbe', outra iniciativa de rehabilitación posta en marcha polo Goberno galego.

Na visita, a conselleira trasladou o apoio e colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) pra iniciar esta declaración e sumarse á listaxe de concellos que xa contan con ela como Mondoñedo, Ribadavia e A Coruña..

A conselleira de Medio Ambiente,  Territorio e Vivenda, Ángelez Vázquez. CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángelez Vázquez. CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta