Falece un home en Mugardos tras caerlle enriba un motocultor

Aconteceu arredor das nove da mañá deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Un veciño do municipio coruñés de Mugardos perdeu a vida á primeira hora da mañá deste mércores despois de caerlle enriba un motocultor nun alpendre da súa vivenda. A voz de alarma produciuse sobre as nove da mañá e de inmediato desprazáronse ao lugar efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que localizaron ao home inconsciente, que finalmente faleceu.

Ao lugar tamén acudiron profesionais de GES de Mugardos, Garda Civil e Policía Local de Mugardos, todos eles a requirimento do 112 Galicia. O incidente produciuse no lugar de San Victorio, na parroquia de Franza e á zona desprazouse unha comisión xudicial para autorizar o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Naval, onde se lle practicará a autopsia para confirmar a causa do falecemento.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta