Acordo entre o Sergas e Satse para frear o "abuso" das listaxes de contratación

O Sindicato de Enfermaría celebra o pacto co Sergas para que este deixe de "penalizar" os enfermeiros que saian das listas por conciliación familiar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O Sindicato de Enfermaría (Satse) en Galicia valorou o acordo logrado co Sergas "para que non siga penalizando ás enfermeiras que piden suspensión de chamamentos por conciliación familiar na provincia de Pontevedra". A través dun comunicado de prensa, Satse subliñou que así "logra unha mellora do pacto de contratacións do Sergas, sen ser asinante do mesmo", tras conseguir que a administración, explicou este sindicato, "reconsidere a penalización de suspensión de chamamentos por motivos de conciliación familiar na provincia de Pontevedra".

"Con motivo da pandemia as listas de contratación do Sergas víronse mermadas, e a necesidade de profesionais de enfermaría levou a tomar medidas extraordinarias, que para Satse supoñen un abuso máis do pacto de contratacións", sinala esta central sindical en relación a "un pacto asinado no seu día polas organizacións sindicais de sanidade, fóra de Satse".

Para o Sindicato de Enfermaría "é unha satisfacción lograr tras negociacións, primeiro coas xerencias afectadas, e tras non obter respostas satisfactorias directamente con Recursos Humanos do Sergas, que a administración reconsidere a situación". "A algunhas enfermeiras queríaselles penalizar por pedir á suspensión de chamamentos por motivos de conciliación familiar, póndoas ao final da lista", sinala a secretaria Xeral de Satse en Galicia, Malules Carbajo.

Desta forma desde o 1 de xaneiro de 2021 quedan admitidas todas as suspensións de chamamentos por motivos de conciliación familiar, "como non podía ser doutra forma", subliña Satse. Así mesmo, o Sergas informou de que as penalizacións que se levaron a cabo sobre as profesionais que denunciaron "quedarán anuladas de facto".

Enfermeiras. Eduardo Parra - Europa Press
Enfermeiras. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta