Máis de 550 casos por COVID en centros de Galicia e 29 aulas permanecen pechadas

Os casos en centros da área sanitaria de Vigo mantéñense sen cambios con 91 afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e centros de ensino non universitarios-- seguen en descenso e sitúanse en 557 e as aulas pechadas redúcense en cinco ata as 29.

Segundo datos actualizados este martes pola Xunta, os positivos nos centros educativos caen en 85 ata os 557 e as unidades clausuradas pola Covid-19 redúcense de 34 a 29 en Galicia.

En concreto, os casos de coronavirus descenden en seis das sete áreas sanitarias galegas, salvo na de Vigo, onde se manteñen sen cambios, con 91, a mesma cifra rexistrada no último balance.

Por tanto, os centros da área sanitaria da Coruña e Cee concentran o maior número de casos na Comunidade galega, con 239 --31 menos-- e nove aulas pechadas --unha máis--. O IES As Moas rexistra a maior cifra de casos activos, con 17 e unha aula pechada, mentres que o CPR Plurilingüe Liceo A Paz ten 11.

A área de Vigo conta con 91 casos activos --sen cambios con respecto ao último balance-- e seis aulas pechadas --unha menos--. Destacan dous centros co maior número, con seis contaxios cada un: o CPR Martín Códax, que tamén ten unha aula pechada, e o CPR Plurilingüe Divino Salvador.

Con 81 casos sitúase a área de Pontevedra, o que supoñen 14 menos, e catro aulas pechadas --catro menos--, co IES Illa de Tambo de Marín coa maior cifra, con nove positivos e dúas aulas pechadas.

Pola súa banda, a área sanitaria de Santiago colócase con 58 casos --nove menos-- e dúas aulas pechadas --sen cambios--, na que destaca o CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira con catro positivos.

Mentres, a de Ferrol conta con 43 casos activos nos seus centros educativos, oito menos e cinco aulas pechadas --sen cambios--; a área de Lugo sitúase con 26 --que supoñen 18 menos-- e unha aula pechada --sen cambios-- e a de Ourense concentra 19 contaxios --cinco menos-- e dúas aulas pechadas --unha menos--.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta