Aprobado case un millón de euros para o 'Plan Concellos' da Deputación de Pontevedra que beneficiará a seis municipios

Así mesmo, dáse luz verde á contratación de 64 traballadores na Estrada, Moaña e Ribadumia, por un total de 722.122 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou novas achegas no marco do 'Plan Concellos' e que ascenden a 997.619 euros, das que se beneficiarán un total de seis municipios. En concreto, 228.362 euros destínanse a accións de rehabilitación de pavimentos en camiños rurais de Marín; 25.625 euros para habilitar aseos adaptados no mercado de abastos de Salceda e 1.510 euros para a mellora de seguridade nunha vía de Barro.

Así mesmo, dáse luz verde á contratación de 64 traballadores na Estrada, Moaña e Ribadumia, por un total de 722.122 euros. Doutra banda, a institución provincial destacou o novo recoñecemento ao audiovisual 'Fame de experiencias, co que se promoveu o destino turístico de Pontevedra en 2019, por parte do Festival de Turismo Mundial de Kioto, en Xapón.

A presidenta provincial, Carmela Silva, destacou que son xa catorce os premios internacionais desta peza, e trasladou o "orgullo" de formar parte dun certame de entre máis de 1.300 participantes, á beira de destinos como Bali, Thailandia ou Grecia.

Doutra banda, a Deputación será este ano a anfitrioa do Premio Otero Pedrayo, que organizan o catro entidades provinciais e a Xunta de Galicia. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 8 de xuño.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Será que estamos cegos, pero esta Presidenta está a montar unha Administración Paralela cos fondos de tódolos galegos para "acreditar" funcionarios afíns e privatizando o funcionamento da Institución ! Se tes 400 € podes pasar só es estás colexiado como Arquitecto ou Enxeñeiro ! Esto é a Democracia Plena que promove a Marquesa de Toralla (coa aquiesciencia do BNG) ? https://twitter.com/00Gamela/status...