O BNG explica o despido de seis persoas en Carnota polas "débedas herdadas"

Sinala que a débeda do concello é superior aos tres millóns e que aforrarán case 200.000 euros con esta medida.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 01/09/2013 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O BNG de Carnota acaba de publicar o seu boletín interno, A Moa, que adica, en exclusiva, as súas cinco páxinas a explicar a situación financiera na que se atopa o concello.

Moncho Noceda alcalde de Carnota
Moncho Noceda alcalde de Carnota

Precisamente, os nacionalistas explican que o despido de seis traballadores municipais ten a súa orixe nas "débedas herdadas" do anterior goberno local do PP.

"O novo goberno de Carnota liderado por Moncho Noceda negouse a actuar do mesmo xeito e empeñouse literalmente en facer o imposible por afrontar todas estas débedas herdadas, en especial aquelas que poñían en risco o sustento de moitos pequenos comerciantes e empresarios do municipio", apunta o BNG no seu boletín en alusión ao pago das facturas aos seus proveedores.

Pago de facturas

De feito, os nacionalistas din que había casos de empresarios locais que levaban agardando polo pago de facturas desde hai 20 anos e había outras que "nin tan sequera estaban reflectidas na contabilidade oficial do concello", e que suman máis de tres millóns de euros. 

Praia de Carnota co Pindo ao fondo
Praia de Carnota co Pindo ao fondo | Fonte: Turgalicia

O BNG tamén sinala que o seu endebedamente debeuse, en parte, á multitude de obras realizadas que non se pagaron. "Malia o esforzo realizado no pago de facturas, aínda son moitas as que seguen pendentes, ás que se unen agora as xeradas neste mandato e que aínda non se puideron abonar para atender prioritariamente as obrigas de anteriores executivos", apunta.

Débedas

En total, Carnota aínda adebeda 3,67 millóns de euros, dos cales case tres millóns veñen de anteriores etapas e 678.021 xeráronse na etapa do actual rexedor. 

Ante esta situación, o goberno do BNG decidiu prescindir de seis dos seus 66 traballadores. Unha decisión que lle comunicou ao Comité de Empresa o pasado 20 de agosto. Os traballadores despedidos cobrarán 20 días por ano traballado e terán unha licenza retribuída de 15 días para poderen buscar traballo.

Con esta medida, o goberno local, segundo di o BNG, agarda aforrar no 2013 un total de 195.722,90 euros xa que, de media, cada traballador despedido tiña un custo anual de 32.660 euros e mensual de 2.330 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Voz ceibe

bng = pp

1 ceibemosgalicia

se BNG= PP entón Bárcenas=? De non atoparse resultado á última ecuación platexemos esta: Mediosdecomunicación+ trollsPPsoeiros pertencen ao conxunto dos.....mangantesPPsoeiros

2 augadoce

PP = BNG Caso Barcenas = Caso Carrumeiro.... E que as pos "a huevo". Os dous casos son de financiamento ilegal das organizacións políticas, salvando as distancias e os montantes que obviamente hainas.... hai bastantes similitudes.... Por certo, que o de pagar a debeda eche a mesma excusa que o PP pon noutros Concellos para despedir persoal, e a oposición do Bloque poñendo o grito no ceo....

3 ceibemosgalicia

E que me encanta poñelas a "huevo" porque non hai comparación posible, non hai un Bárcenas no BNG por máis que vos esforcedes, mamandurriantes....non dixen "caso" en ningures, por si non sabes ler, dixen "Bárcenas". E a escoria que sodes os do PPSoe non a hai no BNG por máis que queirades poñer aos demáis a vosa altura. "As distancias" tentamos mantelas de vós, por iso as hai.

4 Ameneiro

O discurso das débedas erdadas xa ten a súa coña, mas tomar por parvos aos veziños de Carnota é outra cousa. Nos últimos 22 anos o BNG tivo o alcalde de Carnota 14 anos, e o PP 8. Cando menos poderian explicar algo das "débedas erdadas" do própio BNG, non si?

1 Ameneiro

E por certo no 1993 (hai 20 anos), en Carnota, o alcalde era do BNG.

3 Tropical

¿Débedas herdadas? Isto me soa.

1 ceibemosgalicia

débedasherdadas soa a Gaiás multiplicado por 100

2 Tropical

Dame igual 1€, 20, 1000, 1000000 ou 100000000. O importante é a falta de responsabilidade e de autocrítica no conxunto de partidos políticos, onde a culpa sempre é dos demais. Como vos gusta xogar ao "pero ti máis"

2 Gamela

A que me soa esta canción? E non haberá un só partido político que sexa capaz de RECOÑECER AS SÚAS PROPIAS DÉBEDAS en lugar de xustificarense os uns aos outros? // Levamos demasiado tempo escoitando a mesma canción: as débedas de 20 anos que llas pague dios! Ou mellor, que dios llo paghe!

1 Vigués

+1

1 Gamela

Corrección de erros: 66 traballadores / 6 traballadores