Santiago lanza unha campaña en redes para que os mozos aumenten a súa conexión coas áreas verdes

Pídeselles que compartan nas redes sociais unha foto dunha árbore dalgunha das zonas verdes da cidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Santiago lanzou unha campaña a través de redes sociais e iniciativas de participación para implicar os mozos no coidado e posta en valor do medio ambiente e, sobre todo, das áreas verdes e parques da cidade.

Campaña 'Cambia o mood. Activa o modo bosque'
Campaña 'Cambia o mood. Activa o modo bosque' | Fonte: Talentia Summit.

A iniciativa preséntase baixo o lema 'Cambia o mood. Activa o modo bosque' e busca "unha nova maneira de achegar aos mozos ao espazo ambiental" da cidade coincidindo co Día Internacional do Bosque, así como "reforzar os hábitos e accións que melloren o ecosistema".

Para iso, explicou o responsable da campaña, Xavier Ferreiro, buscarase a interacción dos mozos empregando as canles que utilizan habitualmente, fundamentalmente as redes sociais.

En concreto, pídeselles que compartan nestas plataformas unha foto dunha árbore dalgunha das zonas verdes de Santiago con "as súas reflexións sobre o que é a convivencia no espazo natural". A imaxe debe levar o hastag #1foto1arbore e a mención a Talentia Summit.

As fotos compartidas serán colocadas, así mesmo, en diferentes rúas da cidade, para dar visibilidade á iniciativa, e por cada unha plantarase unha árbore, unha acción en colaboración co taller de emprego de repoboación forestal.

Ademais dun anuncio, un manifesto e difusión en medios, a campaña terá unha terceira peza: un photocall de neon que se instalará na entrada do Paseo dos Leóns da Alameda para que se converta nun "espazo de interrelación" e de encontro sobre a materia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta