Endesa comprométese a trasladar a transportistas e auxiliares das Pontes un documento coas súas propostas

Mantén este luns un encontro no que tamén participan a Xunta e o Concello

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Endesa comprometeuse a trasladar á mesa na que están presentes os transportistas do carbón e os sindicatos CIG, UGT e CC.OO. --como representantes dos traballadores das empresas auxiliares-- un documento coas súas propostas para ambos os colectivos ante o peche previsto da central das Pontes.

No mediodía deste luns, 15 de marzo, Endesa mantivo un encontro telemático no que tamén estivo presente a Xunta, a través da directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o Concello das Pontes de García Rodríguez, coa edil de Industria, Ana Pena (PSOE).

"Logramos o compromiso de Endesa de facer chegar un borrador coas súas propostas", detallou a Europa Press o presidente da Asociación de Transportistas do Carbón das Pontes (ATCAP), 'Cholo' Bouza. Este colectivo leva desde o 4 de marzo bloqueando cos seus camións o acceso á central térmica.

"Conseguimos sentar nesta mesa á empresa grazas á presión que realizamos durante estes días", valora. "Imos continuar cos camións ás entradas, agardando por ese documento que quedaron de trasladarnos, e que nos interesa ás dúas partes que sexa á menor brevidade", agrega Bouza.

AUXILIARES

En canto á reclamación de garantía de emprego para os traballadores das empresas auxiliares, un representante dos sindicatos indicou, tamén en declaracións a Europa Press, que: "Estamos pendentes da elaboración dun documento que as auxiliares reclamabamos para a garantía de emprego e prioridade nos proxectos de futuro, tanto no proceso de desmantelamento como noutras iniciativas industriais que teñan que ver con Endesa".

Protesta dos traballadores de Endesa, nas Pontes
Protesta dos traballadores de Endesa, nas Pontes | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta