Máis de tres mil aspirantes na actualización de oito listas de selección temporal do Sergas

Son para as áreas de enfermaría especializada en saúde mental, enfermaría do traballo, enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica, enfermaría pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste mércores, as puntuacións definitivas do proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de varias categorías: enfermaría especializada en saúde mental, enfermaría do traballo, enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica, enfermaría pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.

O número total de aspirantes admitidos é de 3.081, o que representa un incremento medio do 9,20 % respecto do anterior ciclo de xeración, e dos que 1.219 corresponden á categoría de médico de familia. Ademais, esta categoría foi a que rexistrou o maior número de aspirantes admitidos. No proceso, só resultaron excluídas o 0,81% das solicitudes de participación.

A Xunta subliña nun comunicado que, con de o obxectivo de asegurar a maior dispoñibilidade posible para reforzar a atención sanitaria derivada da pandemia, e con respecto ao anterior proceso de actualización, adiántase a publicación das listaxes definitivas en máis de 6 meses (as listas derivadas do anterior proceso de actualización xeráronse en setembro de 2020).

Con este adianto, a Xunta subliña que se dá cumprimento ao compromiso de anticipar a publicación dos resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal das distintas categorías, priorizando as deficitarias e directamente vinculadas á atención sanitaria da pandemia covid-19.

A efectos de chamamentos, as novas listas comezarán a funcionar a partir deste xoves 18 de marzo.

Participantes nas probas de oposicións no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Participantes nas probas de oposicións no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta