O PP emprega os estaleiros de Ferrol para tentar golpear ao PSdeG

O 'popular' Rey Varela insta ao PSOE que replique o apoio ao futuro dos estaleiros "a nivel nacional" e acusa á formación de Caballero de "poñerse á marxe" para "non ofender ao Goberno de Pedro Sánchez".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Os grupos con representación na Cámara galega --PPdeG, BNG e PSdeG-- acordaron instar á Xunta a esixir ao Goberno do Estado que encargue aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada espola. O obxectivo desta iniciativa, defendida polos populares galegos e apoiada tanto por BNG como por PSdeG na votación deste mércores, é que se dote de carga de traballo de forma inmediata á ría de Ferrol, tanto para o persoal principal como para a industria auxiliar.

A proposición non de lei foi presentada o martes polo parlamentario do PPdeG José Manuel Rey Varela, quen saudou o "cambio de postura dos socialista galegos" que finalmente apoian esta demanda indispensable para o futuro da comarca de Ferrolterra, despois de que ata agora se puxeran á marxe para non ofender ao Goberno de Pedro Sánchez".

Así, conforme indicou este mércores o PPdeG nun comunicado, Rey Varela avogou por que esta mesma votación dos socialistas "se repita" no pleno do Senado o xoves, de forma que "manteñan a coherencia na súa postura a nivel nacional". "Ferrol viviu momentos difíciles, pero nunca na historia recente unha situación tan difícil", sinalou o deputado popular, que tamén considerou "imprescindible" recuperar o estudo de viabilidade para a implantación do estaleiro 4.0, aprobado en outubro de 2016; e o Plan de Modernización, aprobado en 2018.

Parlamento galego
Parlamento galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta