Gonzalo Caballero pide ao Goberno 1.000 millóns para políticas demográficas en Galicia

O secretario xeral do PSdeG, fixo esta petición á ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, que o Goberno de España destine 1.000 millóns de euros en tres anos para a posta en marcha de políticas demográficas na Comunidade galega.

Nunha reunión celebrada este xoves en Madrid, o xefe de filas dos socialistas galegos trasladoulle a necesidade de que cheguen a Galicia de forma "efectiva" estas partidas correspondentes ao programa dotado con 10.000 millóns para facer fronte ao reto demográfico, unha un plan de medidas anunciado a pasada semana pola tamén vicepresidenta cuarta.

"Trasladamos á vicepresidenta a importancia do reto demográfico en Galicia e conseguimos avanzar en cuestións fundamentais", manifestou Gonzalo Caballero, que sinalou que conseguiu que "vaia a haber varias liñas de axudas para concellos de menos de 5.000 habitantes para cuestións "fundamentais" para a Galicia rural, como o saneamento ou os proxectos de investimento.

"Hai unhas semanas expuxen nas miñas visitas á Montaña lucense e á Baixa Limia que era fundamental abrir unha liña de axudas aos concellos de menos de 5.000 habitantes que permitisen que os fondos europeos chegasen á Galicia rural", indicou para celebrar que este xoves puido constatar que "o Goberno de España traballa na liña que pedimos os socialistas galegos".

En declaracións aos medios tras a reunión na que tamén participaron o deputado no Congreso Guillermo Meijón e o senador Xoaquín Fernández Leiceaga, o secretario xeral do PSdeG tamén pediu á Xunta que se "incorpore a traballar polo rural". "Porque a lei de demografía da Xunta é un papel mollado e é hora de pór fondos, de facer unha aposta pola cogobernanza para abordar o reto demográfico en Galicia", sostivo.

TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Na reunión na que tamén abordaron cuestións como a situación da planta de Ence na ría de Pontevedra, Gonzalo Caballero tamén pediu unha "fórmula xusta" que busque mecanismos de compensación e proxectos alternativos para xerar emprego en relación ás centrais de Meirama e As Pontes.

"Hai que manter un claro compromiso coa transición ecolóxica xusta, obrigando a aquelas empresas que tiveron tantos beneficios como Endesa a buscar manter o emprego e un compromiso para posibilitar vías que permitan unha actividade acurte aos tempos e a formas de produción ecolóxica", indicou.

"Os socialistas galegos traemos ao Goberno de España a axenda de prioridades que temos para o futuro do noso país, buscando a cogobernanza entre a Xunta e o Goberno para dar solucións á crise de maior envergadura, buscando abordar o reto demográfico e favorecendo unha Galicia que teña un compromiso verde e ecolóxico, compatible coa prioridade do emprego", apuntou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto á ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto á ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta