Por E.P. | PONTEVEDRA | 25/03/2021 | Actualizada ás 16:39
O Pleno da Deputación de Pontevedra dará luz verde este venres ao novo acordo marco de conservación de firmes das estradas provinciais, que destinará case 4,5 millóns de euros para intervir en todos os concellos durante 2021.
A presidenta provincial, Carmela Silva, xunto ao deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, puxo en valor "o enorme esforzo económico" que a Diputacion fai este ano "aumentando os investimentos, ademais de actuar con equidade, na totalidade da provincia".
A presidenta, pola súa banda, insistiu en que, co "modelo de mobilidade amable, sustentable e coas persoas no centro" que ten a Deputación, "o obxectivo é manter en bo estado todas as infraestruturas" polo ben da seguridade dos veciños.
Carmela Silva lembrou que, só co acordo marco de conservación de firmes, desde 2018 o goberno provincial investiu xa 17,5 millóns de euros na conservación dos máis de 1.650 quilómetros que ten a rede de estradas provinciais.
NOVO ACORDO
O novo acordo marco, que ten vixencia dun ano, prorrogable ata catro, "supón traballos para conservar a superficie das vías e a súa estrutura, para que sexan adecuadas a un século onde a seguridade viaria ten que ser fundamental para as administracións públicas", dixo Silva. Deste xeito, a través desta iniciativa, vaise a realizar todo o mantemento da rede de estradas provinciais, repondo tamén a sinalización afectada.
Os traballos incluídos no novo acordo marco, que ascende a preto de 4,5 millóns de euros durante este ano, estenderanse pola provincia de Pontevedra a través dunha nova distribución en seis zonas, o que supón unha máis que o cinco que estipulaba o acordo anterior.
"Todos os concellos beneficiaranse do esforzo investidor que facemos para manter en boas condicións os firmes das estradas provinciais? asegurou Carmela Silva. "Actuamos con equidade, na totalidade da provincia, e mantemos en bo estado todas as infraestruturas porque os importan a seguridade dos veciños e non facer política partidaria", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.