Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2013 | Actualizada ás 13:30
Pegerto Saavedra, 61 anos, natural da Fonsagrada (Lugo) e catedrático de Historia na USC será o novo académico da RAG. Con el, xa son tres os historiadores da Academia Galega. Súmase así aos taméns catedráticos e amigos da USC, Xosé Manuel Barreiro, ex presidente da institución, e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.
E é que ao longo da historia da RAG tamén houbo outros insignes historiadores como Manuel Murguía ou Otero Pedrayo. Precisamente, Saavedra suliña que a historia é unha parte moi importante da cultura galega, sobre todo, para "entender a lingua".
E sen historia non se entendería a propia lingua galega nin a evolución da súa cultura. Tamén todo o referido á toponimia, á onomástica e a cuestións que teñen que ver coa documentación histórica. E niso é fundamental a achega dos historiadores.
"Demarcacións, toponimias, papeis, memoria.."
Precisamente, este sábado, o seu discurso de entrada na academia, versou sobre "Demarcacións, topónimos, papeis, memoria e sobre a división e ou control do territorio na Galicia moderna".
Pegerto Saavedra falou sobre "como estaba dividido o territorio, no aspecto político e no aspecto relixioso", e "como estaba controlado polos diversos poderes", con "unha especie de loita" entre eles, por unha banda", e "os labradores", polo outro, que "trataban de escurrirse dese control".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.