Temas: CAZA ACCIDENTE

42 persoas en España, tres en Galicia, recibiron disparos de cazadores en 2020

Houbo tres mortos

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 28/03/2021 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

Un total de 42 persoas recibiron disparos accidentais pola actividade de caza con arma durante o ano 2020, tres delas en provincias galegas, segundo datos proporcionados polo Goberno nunha resposta escrita ao senador de Compromís, Carles Mulet.

Caza
Caza | Fonte: Europa Press.

O Executivo informou destes feitos no ano 2020, que deixou tres falecementos por esta causa. En canto aos accidentes, producíronse en varias provincias da xeografía española e algúns entrañaban lesións graves, leves ou sen lesións.

En Galicia, rexistráronse accidentes nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

En paralelo, infórmase que en España catro persoas recibiron disparos accidentais pola actividade de caza durante xaneiro e metade de febreiro de 2021, aínda que ningún destes accidentes tivo resultado mortal.

Ademais, o Ministerio do Interior facilitou o número de armas de caza autorizadas e en activo no que levamos de 2021, que ascende a un total de 2.447.502 armas entre rifles e escopetas en todo o territorio español.

Temas: CAZA ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta