O PSdeG celebra os 40 anos do Estatuto de Autonomía: "Se existe é grazas a nós"

Gonzalo Caballero abre a porta a reformar o texto unha vez remate a pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia celebrou este sábado os 40 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, que cumpren o próximo 6 de abril, reivindicando o seu papel na aprobación deste texto que "deu lugar aos mellores anos" de democracia.

Os socialistas galegos reuníronse no Parque de Bonaval, en Santiago de Compostela, para celebrar o aniversario deste texto, un "bo estatuto" que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ve necesario "reformar" unha vez superada a pandemia para adaptalo á realidade actual.

"Se existe é grazas a nós", manifestou o expresidente da Xunta Fernando González Laxe no evento que o que tamén fose titular do Goberno galego Emilio Pérez Touriño subliñou o "gran esforzo" feito polos galegos para lograr un Estatuto de Autonomía de Galicia que "non foi unha concesión, nin moito menos un agasallo".

O expresidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño (abaixo, 2i); o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero (abaixo, 2d), e o expresidente da Xunta Fernando González Laxe (abaixo, 1d), durante a celebración do 40 aniversario do Estatu. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O expresidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño (abaixo, 2i); o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero (abaixo, 2d), e o expresidente da Xunta Fernando González Laxe (abaixo, 1d), durante a celebración do 40 aniversario do Estatu. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

"Os socialistas galegos hoxe, no 2021, podemos trasladar ao noso país o orgullo de ser a referencia fundamental para construír un Estatuto de Autonomía que deu lugar aos mellores 40 anos de autogoberno e democracia na historia do noso país", manifestou Caballero nun discurso no que tamén reivindicou ao PSdeG como un "instrumento útil" para traballar pola "mellor Galicia posible".

"BALANCE POSITIVO"

O xefe de filas do PSdeG reivindicou tamén o "socialismo e o galeguismo" como as "dúas caras de identificación" da súa formación, uns trazos que, na súa opinión, constitúen "a mellor folla de traballo para o futuro do país". "É por iso que cando se van a cumprir 40 anos da aprobación do Estatuto temos que facer un balance positivo do traballo feito polos socialistas galegos para conseguir ese Estatuto de primeira, unha carta case constitucional que deu as posibilidades a Galicia de ter un deseño institucional con estrutura lexislativa, executiva e xudicial", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta